lunes, 23 de diciembre de 2013

O fascismo que faille as beiras a esta democracia…. - Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay
Fican preocupados en Francia, pero tamén en Austria, Holanda, Grecia entre outros países polo incremento do voto fascista que pode quedar reflectido nas próximas eleccións europeas nuns resultados escandalosos e alarmantes.

Por estes lares o fascismo é algo que está no ambiente. Que toma corpo nas leis e  nas condutas. Que aos poucos inoculase  na sociedade á que se desposúe dos seus dereitos cívicos tras habela desposuído dos seus dereitos económicos e sumando ambos casos, do seu dereito ao futuro.


Entréganse dereitos civiles ao criterio mais integrista dunha confesión relixiosa e os seus vicarios. Reconstrúese un estado que nin é laico nin aconfesional. Nin constitucional. Un estado neo-teocrático, máis preto do nacional catolicismo que da transición política tantas veces invocada. Que ten morriña da  “Educación do Espírito Nacional” como substituto da esfarelada “Educación para a cidadanía”.


Cando a corrupción faise presente en diversas instancias e institucións e presuntamente de xeito moi significativo no partido do goberno, (de aí o seu releve), o Goberno de España aproba unha lei para reprimir á sociedade civil e calquera actividade encamiñada a protestar contra o desprestixio ao que algúns actores abxectos levaron a política. Cando o país é pasto dunha delincuencia de luva branca que non dubida en recorrer ao que sexa para lograr os seus obxectivos, mesmo cobran valor aquelas verbas do anarquista Durruti cando afirmaba que “cando a burguesía ve que o poder escápaselle das mans, alzan o fascismo para manter os seus privilexios”.


Hoxe mobilizarse fronte aos despropósitos e desvergoñas dos que gobernan, ou convocar nas redes sociais unha mobilización pode custar moi caro. Tanto como rodear o Congreso, chamar aos Borbóns polo seu nome e non polo seu apelido, ou tomar instantáneas da desproporción que de xeito preocupante repunta nalgunhas actuacións policiais, como nestes días obsérvase contra as mulleres defensoras dos seus dereitos Trátase de impedir a expresión dun país que reclama dereitos e democracia. Un país no que a cidadanía participe activamente na xestión dos asuntos que lle incumben por se referir ao ben público. A marxinación social daqueles que non forman parte do aparello político-económico nas mans das minorías oligárquicas que son donas da leira na que converteuse o estado, xenera desacougo na maioria social e a súa fractura , diante do que a uneca resposta que arbitra o poder  e o recurso a represión para manterse.


Son propostas que escandalizan aos propios sindicatos policiais ou aos profesionais das FOP máis equilibrados, pero que non por iso deixanse de aplicarse con dureza. A culpa ultima é de quen as asinan. Os que ordenan aplicalas exercitando unha legalidade, que non lexitimidade moral, nun marco de abusos de poder contra un pobo sumido no desánimo, a angustia, cando non a desesperación.

Un país con familias desfeitas, cunha cidadanía que pasa fame real en porcentaxes inquedantes. Que ten que emigrar como única saída a súa impotencia. Que contempla a devastamento da clase media. O saqueo do patrimonio público, antesala do saqueo do estado de benestar. Que violenta as esencias do sistema democrático, da Constitución, e dunhas normas de convivencia que se consideraban inalterables.


Todo vale para quenes monopolizan a violencia do estado, fronte a xentes que en situación de indefensión absoluta, pagan relixiosamente os seus impostos, os recibos da luz e o gas, as taxas municipais, etc. Que non cometen trampulladas, pero vense obrigados a asistir estupefactos e agora amordazados a despropósitos como a Lei Gallardón, a Lei Wert, a lapidación dos xuíces que investigaban á Sra.de Undargarin, ao Sr, Blesa e tantos outros espécimes nocivos para o interese común que pululan pola nosa xeografía. Ollando atónitos a cultura da impunidade que cobre cun manto complice a tantos estafadores e ladróns que  afundiron na miseria a esa  España. Esa mesma España que non lles da caido dos seus  beizos babenxantes de patriotas de folla de lata, que o uneco interese que nela teñen e seguir mamando das súas ubres exhaustas. 


Quizás o fascismo non vén. Presuntamente o fascismo de xeito sibilino xa está entre nós…A saber se non  viaxa en coche oficial...