Manuel Ceferino Díaz Díaz |
En 1972 afíliase no partido fundado polo profesor Beiras, o PSG, onde desempeña o largo de responsable das mocidades e máis tarde á fronte da educación. En 1977 forma parte da candidatura do PSG por Lugo ao Parlamento español, nas primeiras eleccións democráticas.
En 1978 abandona o PSG con outros membros desa formación formación, Rodríguez Pardo, González Laxe, Jaime Barreiro, etc. e ingresa no PSdeG-PSOE, formando parte do “Colectivo Socialista Galego”. Un ano máis tarde é nomeado secretario de Relacións Políticas. De 1980 a 1982 desempeña o cargo de vicesecretario xeral, participando activamente nas negociacións para a elaboración e, nunha etapa posterior, reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.
En 1981 encabeza a canididatura socialista ao primeiro Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo, sendo portavoz do grupo socialista nesa lexislatura. Segue como parlamentario na II (1985-89), na que é elixido presidente da Comisión de Economía..
Nas seguintes dúas lexislaturas (1989-93 e 1993-97) Ceferino Díaz é parlamentario galego pola provincia da Coruña, sendo novamente elixido presidente da Comisión de Economía.
Tamén foi elexido deputado nas Cortes Xerais pola provincia da Coruña desempeñando en paralelo a Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Compostela.
Vaise un home de ben, dunha honestidade exemplar, comprometido sempre e en primeiro lugar con Galicia. Un dos homes “bos e xenerosos...” do noso hino.
Un home desa esquerda limpa, intelixente e con visión de futuro que nun momento dado enriqueceu as ringleiras do socialismo galego e galeguista… Solidario, ideologo e pai de numerosos documentos políticos que marcaron as derradeiras decadas do PSdeG-PSOE, foi sempre un infatigable abandeirado na loita pola Libertade.