viernes, 3 de mayo de 2013

Volver a empezar... - Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay
“Volver a empezar” foi a primeira película española en fala non inglesa que conseguiu un Óscar. Os críticos, masacrárona nunha primeira aproximación, “cagando sentenzas” que diría un castizo coa frivolidade pomposa de quen o seu talento mídese por lareteos fachendoso e a falla de mesura hacia o traballo alleo. O veredicto das “taquillas” xunto co premio deixaron no luar que merecía a obra de Jose Luís Garci, que nos conta a vida dun exiliado que a morte de Franco volta a súa cidade natal para reencontrase co deixado  atrás e o amor da súa xuventude. Para entón “os críticos” dábanse cos talóns non cu para acadar as primeiras ringleiras de louvanzas ao  director asturiano. E fermosa a dedicatoria que no remate da película ofrece Garci : «Quero render homenaxe aos homes e mulleres que empezaron a vivir a súa mocidade nos anos trinta; e en especial, aos que aínda están aquí, dándonos exemplo de esperanza, amor, entusiasmo, coraxe e fe na vida. A esa xeración interrompida, grazas».

Non filme o cancro do protagonista pecha horizonte posibles. Referido ao momento político actual a sensación que se ten e que tras o paso de PP polas institucións exercendo como meritorios entusiastas dos intereses xermanos e particulares da Sra Merkel, e que tras eles haberá que “Volver a empezar” En tal medida que nalgúns caso atopariamonos coa necesidade de recuperar  reivindicacións que neste pais facíanse nos anos 30. Compre lembrar algúns parágrafos e puntos dun manifesto que co galo do 1º de maio facían publico as Comisión Executivas do PSOE e dá UGT asinadas por Juan Simeon Vidarte non nome do Partido Socialista e de Francisco Largo Caballero pola UGT…A data do documento era 18 de abril de 1936.


No segundo paragrafo do comunicado dicíase...“O capitalismo de hoxe, e un montón de ruínas dunha economía anarquizada que morrese de vella, criminal e cobizosa. Os seus progresos, casados coa miseria, enxendraron un exercito de parados que están amasando con bile e con sangue o cativo anaco de pan que disputase a Humanidade en guerra civil, sen tregua, sen piedade e sen outro indicio de redención que o socialismo, convertido de formula teórica, en realidade social”


Outro paragrafo iniciase do seguinte xeito “unha noite de martirios materiais e de sufrimentos morais e o momento actual español”…


Nas aspiracións que reclamaba o documento recollense :


6.- Represión implacábel da usura…


7.-Diminución das rendas abusivas


8.- Extensión do crédito agrícola


9.-Derrogación da Lei de Arrendamentos e promulgación dunha nova e revisión dos desafiuzamentos


13.-Xornada máxima de 40 horas

17.-Castigo do “DELITO DE ENVILECEMENTO DO SALARIO”. 


22.- Acceso da xuventude obreira as aulas universitarias


23.- Ensino profesional e axuda económica a xuventude que a reciba.


Polo o camiño que nos leva o este goberno, doméstico de, ou domesticado pola Sra Merkel e a “Troika”, o dramático non será “Volver empezar”… O dramático, e que para entón para este país, coma ao protagonista da película o futuro haberá deixado de existir consumido polo cancro dun capitalismo salvaxe, insaciable, con cara teutona,  reencarnación de Eris,  deusa grega da Discordia, enfrontada sempre coa Harmonía e coa romana Concordia.