Antonio Campos Romay |
Tralas derradeiras eleccións vemos á forza maioritaria tras ano e pico da súa vitoria exercitar seu poder case absoluto nas diversas administracións, esquecendo corrixir os seus deficientes puntos de partida, incapaz de suscitar enfoques con coherencia social e obxectivos principais, mentres insisten de xeito abafante, caseque patético, en lembrar a herdanza recibida, - coma se non coñecesen abondo a situación de xeito previo-, e sen aforrar menosprezo aos seu opositores. Asíndose con desesperación de naufrago a calquera subterfuxio para agochar a súa falla de capacidade de honrar os compromisos electorais contraídos coa sociedade, ou de explicar racionalmente a discrecionalidade das súas decisións, alleas integramente á proposta que lexitimou o seu acceso ao poder.
Dentro do seu autismo, reflectido nunha dificultade de comunicación manifesta, o único que transmitese é a teimosía en destruír toda a armazón do estado de benestar desde orzamentos ideolóxicos ou ao servizo de intereses de grupos de presión económicos. Desde as directrices do sector mais radicalizado e sectario da maioría conservadora, e que é motor da mesma, refugase a posibilidade dun espazo de colaboración coartando calquera vía de harmonía social.
No mundo do disparate que se nos oferta, sobresae a dirixente popular Sra. Cospedal, que fai dous ou tres anos cando destapabase a “trama Gurtell” non dubidaba en quebrar o estado de dereito, espallando dubidas sobre xuíces, policías e fiscais cunha frivolidade impropia de quen é membro da avogacía do estado. Hoxe cando afogase nas areas movedizas da corrupción que presuntamente hai nas finanzas do seu partido invoca o estado de dereito como última ratio nunha situación que levaa a brindar grotescos espectáculos nas súas aparicións públicas explicando o inexplicable. Por certo si fixese analoxía do seu futuro en térmos futbolísticos debería estar fondamente preocupada. Da a impresión de vivir a situación dese adestrador do equipo que se afunde e a directiva apoiao de xeito incondicional…mentres busca substituto, cargándolle sobre as súas costas o atranco... Todo volvese actos entusiásticos para apoiar o que a opinión pública xulga inadmisible. A maioría gobernamental en tromba agasallando á súa secretaria xeral que administrou de xeito absurdo e sen a mínima capacidade de autocrítica un tema gravísimo que afecta directamente ao presidente do executivo.
O “primeiro partido da oposición” enlamase nunha vergoñenta situación nun concello leonés, - hubera pasado sen pena nin gloria- si non se producira o twiter dunha dirixente socialista catalá denunciándoo. O proceso, escuro, sen que haxa por onde collelo, afecta directamente a credibilidade do líder do partido e do numero tres da organización que á súa vez é secretario xeral do mesmo na Comunidade castelán leonesa…Ninguén asume a responsabilidade –dimitindo-, que é a resposta obligada en política democrática. Ante o escándalo, o aparello do partido sae a defenderse pero sen esixir unha investigación transparente e dilixente. O máis desolador é que o individuo entronizado no concello, con todo cinismo, proclamase como “socialista”, e mostra “a súa dor” polo carné que troca impúdicamente polo cetro municipal. Pode quedar alguén nos seus cabais que non entenda a unha cidadanía anoxada, coa que apenas se conta mais aló de para pagar os seus impostos?. Onde queda a vocación de servir á sociedade que se supón á clase política?
Nun chamado partido emerxente, ese proxecto persoal dunha señora que tras inxuriar a todos os galegos non se molestou nin en desculparse, a Sra. Diez, un dos seus deputados, notorio polos seus exabruptos, fai unha brutal aseveración sobre a violencia de xénero que mereceu xeral reproche…Pero nada da leria de dimitir… o escano é moi confortable…A tal Sra. Diez aplaude e traga.
Políticos de Navarra, incluída a actual presidenta da Comunidade, leváronse ducias de milleiros de euros de forma absolutamente obscena en dietas aberrantes, Agora comezan a devolvelas en parte, pola presión social. Pero sobre todo, por que os colleron co carriño do xeado…En Galicia, na Caixa do Norte e na do Sur, (tanto monta, monta tanto), desaparecidos uns, acazapados outros, e só algúns na picota, “nin están,- ao socairo de curiosos amparos-, nin se lles espera”.
Mentres os estafados das preferentes peregrinan a intemperie polas rúas reclamando o que lles roubaron.