Este Nadal vai ser o máis tristes en anos. Un país empobrecido. Sen horizontes. Fogares angustiados do que depara, non o futuro, senón o presente. Mozos en risco de tomar atallos de saída máis que dubidosa. Os “ni-ni” empezan a ser unha sombra de dimensións incontrolables que asolaga o futuro dunha xeración. Como nos anos de chumbo novamente a emigración é camiño obrigado para os que xa non teñen porta na que chamar. Os maiores escrutan nos telexornais a navalla que vai a segar as súas pensións produto de décadas de traballo e das que depende en moitos casos o sustento de fillos e netos. Outros saltan pola fiestra para rematar unha vida rota empurrados por unha legalidade inhumana, a avaricia insaciable dos banqueiros e a pasividade dos que din representalos.
Os indicadores económicos nin mostran brotes verdes nin mais luz ao final do túnel que as cínicas alucinacións de quenes debérase esperar cordura e rigor. O país desfílachase. Afúndese. Os estafadores rolan sen control. O ministro Montoro, “risiñas”, anuncia que publicará as listas de defraudadores…pero non que vaiaos levar ao banquiño e facelos responder dos seus delitos. Coñéceos abondo, pero adurmiña a actuación dos corpos especializados en actuar sobre eles nunha hipócrita dobrez dolosa.
Os que detentan as institucións acadan niveis de desconfianza descoñecidos desde que usase a demoscopia. Chamados a exercer o liderado moral nunha situación dramática por ter delegada a xestión do ben común, mostran unha talla pouco acorde co momento. Xeitos de truáns, abuso de coenxías desinformación, desviación do trascendente a prol do anecdótico. Circo en ausencia de pan. Hipertrofianse talantes “patrióticos” en quen o patriotismo midese no volume das súas rapiñas. Ampulosos defendendo unha Constitución na que non creen, que non cumpren e que moitos nin votaron. Usana para zorregar aos que habendo loitado por ela, hoxe conscientes das súas limitacións albiscan a necesidade de reformala para que siga sendo útil. Agróma do baúl o nacional-catolicismo e desvalorizase a política. Estase a criar un caldo de cultivo, antesala do fascismo, que con caretas diversas pugna por infectar a política europea sen que a nosa sexa unha excepción. Na ecuación suma un sistema de partidos obsoleto. Debendo ser columna vertebral do sistema democrático, fican pervertindo o seu autentico sentido. Mais semellan un calco da primeira Restauración. Bipartidismo preponderante con sistema de quendas e escasas diferenzas, ao amparo dunha lei electoral ad hoc que sosten o poder omnímodo das cúpulas afastando ao cidadán do poder decisorio real.
Feliz Nadal?...Ogallá¡ É ógallá como canta Pablo Milanés, “renacerá mi pueblo de su ruina/ y pagaran su culpa los traidores”…Por certo, seguirá o Xefe do Estado dicindo na súa mensaxe navideña que a xustiza é igual para todos?…Boh ¡... acouge Dona Cristina…Aquilo só foi unha arroutada…