Por república bananeira, de xeito pexorativo é común referirse a un pais onde a inestabilidade e a corrupción abunda xunto a un escaso respecto á norma e ao dereito. Países económicamente deprimidos, empobrecidos e con producións dun escaso valor agregado. Onde a especulación financeira e o suborno son axentes máis importantes que o pacto social. Onde os corruptos vulneran permanentemente a ficción democrática do país e a súa presunta independencia. “O Henry”, un dos máis grandes mestres do relato curto, falecido en 1910 de cirroses hepática con apenas 50 anos acuñou o termo nun dos seus relatos. A expresión fixo fortuna e pasou a ser sinónimo dos paraísos dos delincuentes non comúns. “O Henry” cuxo nome real era William Sydney Porter fíxose famoso polo seu admirable tratamento dos finais narrativos insospeitados o que popularizou en lingua inglesa a expresión “un final ao O Henry”.
Os delincuentes non comúns, son os que andan impunes pola rúa pavonándose das súas rapiñas e estafas. Normalmente son ex de case todo e especialistas en apañar o produto do suor alleo sen a menor vergoña. Omnipresentes e omnipotentes. Sen entender de color nin de bandeira. E coma non, penduranlle medallas no peito. Os delincuentes comúns están no cárcere. Por roubar migallas, traficar cuns gramos de coca (os grandes traficantes tamén son delincuentes non comúns), asaltar co mono unha botica, andar exercendo a prostitución mais esgazada nunha beirarrúa, ou caer nunha redada de top-manta.
Delincuentes non comúns abundan a reo nesta monarquía. Velahí a definición de “O Henry”. Segundo dela compre falar dunha monarquía bananeira… O xefe do estado, chamado “O Rei”, amamantado aos peitos dun ditador, cando o pais esta piques de entrar en quebra vaise de elefantes en noites de viño e rosas ao mais lonxe de Africa afastando a súa real persoa das miserias dun pais que agoniza. O xenro, no tempo que non anda polos xulgados podería encadernar os correos que remitiulle ao seu ex - socio co gallo de subliñar mais a facíana do seu real sogro como exemplar pai de familia que vela por cada un dous seus intercedendo onde faga falla. Virtuosa familia que fixo do aforro exemplo se damos creto ao listado Forbes que atribúelle unha substanciosa fortuna. De ser certo non está nada mal tomando conta como chegou non seu dia de rapaciño ao Pazo do Pardo, non pola senda dos elefantes senón pola fronteira portuguesa.
Quen preside os xuíces, chamado a ser modelo etico de comportamento, esquece que goza dun salario propio dun sátrapa das mil e unha noites nestes tempos de crise (e mesmo nos de bonanza), e a única pauta que nos deixa e a súa afección a Porto Banús e aforrando no persoal, que para iso está xa o publico. Nin dimite nin explica. So tatexa o estribeillo dunha canción lusitana: “Daqui não saio! Daqui ninguém me tira!” Mentres o Tribunal Constitucional, nin esta ni se lle espera…
Banqueiros, “caixeiros” e “bankistas” fican bailando a ienka un paso adiante outro para atrás pero sempre impunes e cos petos cheos de cartos publicos. A carón deles unha clase política, cómplice por acción ou misión, asubía ollando o ceo. Se acaso rosma pa si mesma...Si home si, comisión de investigación. Ben, de seguro, pero nin agora nin e hora. Trasparencia, si home...como non…O gobernador do Banco de España vaise sen explicar porque faino. Cego e mudo, tal que estivo moito tempo. Tampouco e cousa de que agora prodúzase o milagre. Nin falará agora e de seguro calarano para sempre. Como os documentos non desclasificables do Ministerio de Defensa.
A clase política ten o prestixio en circunstancias parellas as do Sporting de Xixón. En descenso automático. A diferenza e que os do Sporting son mozos simpáticos que merecen o noso respeto. Os medios de comunicación non afíns a ideoloxía económica imperante faleceron en combate de xeito sistemático e programado.
Dende a xefatura do estado ate o executivo, pasando pola inoperancia do legislativo –masa coral silente-, a xudicatura e moitos recunchos distintos, impera unha vaga de comportamentos que estremecen calqueira sentimento de vigor democrático. As ordes chegan de fora e cada vez mais imperativas e acatanse sumisamente… Intervidos, rescatados, secuestrados? Que mais ten… Xaque logo tal e, e tal parece, todo invita a entender que poderiamos segundo as premisas de “O Henry”, ser súbditos dunha monarquía bananeira.