José Luís Gómez |
Aos golpes de palacio das finanzas, como os vividos en Grecia ou en Italia, onde cambiaron os seus gobernos sen pasar polas urnas, sumouse no caso grego o envío de inspectores para controlar as súas contas. En España, o cambio de goberno fíxose a través das urnas pero parece que nin sequera a dura axenda de Rajoy -infestada de axustes e recortes sociais- satisfai a voracidade da Unión Europea. Segundo o diario El País, Bruxelas ten a Madrid baixo vixilancia, non só nas reunións do Eurogrupo, o Ecofin e nas cimeiras de xefes de Estado, nas que España e os seus problemas serán sempre un punto destacado da orde do día, senón tamén mediante o envío de expertos á capital española para analizar as contas de todas as administracións e o estado dunha economía en recesión, que xera cada día máis desemprego.
A noticia prodúcese a poucos días dunha folga xeral, nun momento en que volve subir a 'prima' de risco -está xa 50 puntos básicos por encima da italiana-, e tras coñecerse a intención do Goberno de fixar a meta do déficit público de 2012 no 5,8% do PIB, fronte ao 4,4% concertado por Bruxelas co anterior Executivo de Zapatero, camiño de alcanzar o 3% en 2013, algo que se prevé moi difícil, salvo que se esnaquice en apenas uns meses o Estado de benestar construído durante os últimos 30 anos.
Como observa o catedrático Xavier Vence no seu último libro, a folla de ruta da radicalización neoliberal aséntase sobre uns argumentos legitimadores absolutamente insostibles: parece que o problema é que vivimos durante moitos anos por encima das nosas posibilidades e, en consecuencia, todo pasa agora por un plan de austeridade en todos os campos -no privado e no público-, excepto no sector financeiro, cuxo rescate debe ser a prioridade de todos, xunto co mantemento do gasto militar. Aquí alguén se esquece de que o que Aldo Ferrer chama "capitalismo máxico" fixo posible que os activos financeiros pasasen de supor 1,7 veces o PIB mundial en 1980 a representar 14 veces o PIB en 2007, o ano no que xurdiu unha burbulla financeira mundial que fixo explotar a burbulla inmobiliaria. E agora resulta que os desmáns do diñeiro ficticio pagaranos os traballadores mediante unha severa depreciación interna. Para quen o dubiden: un avance do sucedido en Grecia, onde a eliminación dos convenios colectivos provocou un descenso medio do 20% nos salarios do sector privado. Falamos de vixilancia ou de humillación?