miércoles, 11 de enero de 2012

Celso Emilio Ferreiro: centenario do seu nacemento

“O teito é de pedra.
De pedra son os muros i as tebras.
De pedra o chan i as reixas.
As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra.
Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra.
I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.”


Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en Celanova  o 6 de xaneiro de 1912. Como escritor é a máxima figura dunha poesía social e políticamente comprometida coa cultura de Galicia. Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Alá polo ano 1932, con apenas 20 anos  fundou a Federación de Mocidades Galeguistas en colaboración entre outros de Xosé Velo Mosquera. Este último,  formando parte  do Directorio Revolucionario Iberico de Liberación  tomaría parte en xaneiro de 1960 na toma do   buque portugués Santa María, nun intento de chamar a  atención internacional sobre as dictaduras de Franco e Salazar.

Celso Emilio sendo portavoz das Mocidades  dirixiu a revista Guieiro. En 1936 foi mobilizado polo bando franquista estando  encarcerado varios días no mosteiro de Celanova. Finalizada a guerra civil colaborou en diversos xornais e revistas. A publicación do poemario en 1962, “Longa noite de pedra” anticipao como o herdeiro do legado de Curros Enriquez. Un ano despois da publicación da “Longa noite de pedra” fundou, xunto co escritor Xosé Luís Méndez-Ferrín hoxe presidente da Real Academia de Galicia e outros intelectuais galeguistas a Unión do Povo Galego.

Na súa etapa de formación, representada por “Cartafol de poesía” que olla a luz  en1935, advírtense resonancias posmodernistas e sobre todo imaxinistas, dentro da tradición dos movementos galegos de vangarda. Tamén practicou a liña neotrovadoresca, reflectida no dominio técnico do verso e nos áxiles xogos de imaxes. Co “O soño sulagado” publicado en 1954 consagrouse como un poeta de gran habilidade formal, capaz de ordenar os elementos discursivos dentro dunha rigorosa construción con obxecto de conseguir un meditado efecto final.

Celso Emilio Ferreiro propúxose recuperar o realismo social da poesía galega do seu tempo, convertendose no poeta civil de Galicia. Baseándose nunha liña satírica e combativa que lembra a Curros. Enríquez. adoita un acento de protesta, acritude e desapiadado sarcasmo, con versos acedos e directos que serviron de inspiración e guía a numerosos poetas galegos dos anos sesenta.

Fronte ao ensimismamiento do eu en soidade e á evocación sentimental ou paisaxística, temas considerados característicos da poesía galega, Ferreiro declarouse seguidor dunha tradición belixerante e dunha corrente de denuncia non menos perceptible dentro da lírica creada no seu idioma. Do seu desencontro coa Galicia da diáspora naceu “Viaxe ao país dous ananos” que publicada en 1968, un virulento ataque contra os emigrantes enriquecidos que explotaban aos seus paisanos en América. O ton burlesco está presente en “Cimiterio privado” (1973), mentres que “Terra de ningures” (1969) componse de estampas do exilio e da recreación nostálxica da paisaxe perdida.

O último volume de poemas publicado en vida do autor foi “Onde o mundo se chama Celanova” datado en 1975. Nel predomina a visión melancólica das feridas causadas polo paso do tempo na existencia do poeta. En prosa escribiu  en 1972 “A fronteira infinida” e en 1978 “A taberna do galo”. Una esplendía biografia de Curros Enriquez do ano 1954  e o poemario “Antipoemas” seran algunhas das suas obras producidas en castelan.

Tras o seu  paso por Pontevedra e Vigo en 1966 emigrou a Venezuela. Ali  organizou durante un tempo as actividades culturais da Irmandade Galega.  Fundou o Padroado dá Cultura Galega, e traballou no gabinete do presidente  da Republica de Venezuela,  D. Rafael Caldera. Será por unha  iniciativa súa a gravación do primeiro disco LP en galego “Galicia canta” onde participa como autor de varias das letras, facendo a presentación co seu pseudónimo de Arístides Silveira. Será en Caracas no ano 1970.   Tras diversos enfrontamentos  cos sectores  dominantes da emigración galega, regresou a España en 1973 e instalouse na capital do Estado. En Madrid traballou de xornalista e dirixiu a aula de Cultura Galega do Ateneo de Madrid. Tamén colaborou como crítico literario de obras publicadas en galego no diario ABC.

Nas eleccións xerais constituíntes de 1977 presentouse sen éxito ao Senado na candidatura do Partido Socialista Galego. En 1989 foille dedicado o Dia das Letras Galegas. O seu falecemento prodúcese en Vigo en 1979.