José Luis Gómez |
Seguramente Revilla tende a facer caricaturas das situacións extremas pero no fondo hai algo de certo en todo o que di, que en versión ampliada pode lerse no seu libro 'Ninguén é máis que ninguén'. Fronte a ese estado de cousas nas altas finanzas, á clase política adoita enchérselle a boca falando das pequenas e medianas empresas, as 'pemes', pero á hora da verdade os seus problemas estructurales seguen estando aí. Á mellora da fiscalidade e a necesidade de que o crédito flúa, engádese tamén a esixencia de que a Administración lles pagues o que lles debe.
As 'pemes', como gancho político, corren ata o risco de verse desprazadas polos emprendedores, unha figura con grandes potencialidades nas economías avanzadas pero tampouco tantas como para que agora España queira reconverter millóns de parados en empresarios-emprendedores. Unha, porque non é posible, e dúas, porque pode frustrar unha boa iniciativa.
En contra do que a miúdo se cre, España non ten un problema de número de empresarios. O seu problema é de dimensión das empresas, a maioría das cales nin teñen traballadores. Segundo o catedrático Fernando González Laxe, director de serie Economía do Proxecto Galicia, as empresas sen asalariados representan en España o 55% do total, e as empresas que teñen entre 1 e 9 traballadores, o 39%. As compañías con máis de 250 empregados supoñen o 0,2% do total das empresas españolas, dato máis que revelador da precaria estrutura empresarial do país.