Antonio Campos Romay |
Decote medra a complicidade en tales feitos do goberno de dereitas, homologo a outros do espazo europeo. Un goberno do que os únicos brotes verdes que percíbense, son os dunha cidadanía cada vez menos libre de expresarse, onde repunta a intolerancia cultural, relixiosa e ideolóxica, e a discriminación racial ten campo abonado. Onde o mundo do traballo perde dereitos progresivamente e desprestixiase ás centrais sindicais. Onde a democracia empobrecese cun sufraxio adulterado por unha lei electoral obsoleta que procrea a conciencia de que estase consagrando un réxime político cun parlamentarismo que funciona como poder mediatizado da soberanía popular.
Hai un clima de impotencia ante un poder xudicial que estimase dependente de aspectos alleos ao seu propio exercicio. E nunha certa analoxía co caso chileno desde 1981 naquel país e desde 1978 no español, rexe unha carta constitucional nada dun pacto complexo, compracente coas necesidades dunha oligarquía política devinda en gran medida da ditadura, e elaborada baixo a longa sombra dunhas FFAA con dubidoso espírito democrático naquel intre histórico. No caso chileno rexistráronse sucesivas modificacións, a última en 2005, para mudar a fisionomía de orixe. Aquí, aínda recoñecéndolle a súa utilidade para rachar o nó gordiano que ataba ao pasado, mantense incólume e é coartada para frear as demandas sobrevidas polo crecemento dunha sociedade que fíxose adulta.
O labor do goberno español, e a das forzas conservadoras gobernantes en Europa, baixo a dirección nada sutil da Sra. Merkel, non é posible dicir que este entregada á tarefa de instaurar unha democracia social, na que a actividade económica responda ás demandas públicas e non en exclusiva lucro privado. Hai un serio retroceso dunha clase media que foi moi válida como elemento de cohesión social, e que hoxe vese desprazada a zonas de depresión por unha política ao servizo da consolidación de criterios de liberalismo radical. As outrora socorridas depreciacións monetarias, hoxe imposibles, trócanse en depreciación do país con dramáticas consecuencias. O afogo financeiro dada as características da economía española tradúcese nunha severa limitación das nosas posibilidades e iniciativas. Sufrimos as consecuencias destas medidas, proxectadas na vida diaria da cidadanía e no deterioro da convivencia política. España e un país en gran medida enleado por intereses foráneos cunha economía extremadamente sensible ante a conxuntura externa. Millóns de persoas son forzadas a vivir en condicións de precariedade económica e de paro real ou encuberto. O único que emerxe cada día que pasa é desanimo e desconcerto á hora de enfrontarse á mediocridade imperante, aos delitos económicos e ao saqueo do publico.
O comportamento do gran capital transnacional non só atenta libremente contra os intereses xenuínos dos países en desenvolvemento, senón que a súa acción desregulada e incontrolable tamén dana a países presuntamente industrializados, onde suponse situámonos. A cidadanía séntese inerme vendo como asíntanse as súas actividades que son cativamente fiscalizadas polo Parlamento, ou por institucións representativas do interese colectivo. Nunha palabra, é toda a estrutura política a que está sendo socavada. Si é unha crise económica. Pero tamén política e ética. Só un inmenso reto de solidariedade, de rexeneración moral e un xigantesco esforzo que poña en valor a conciencia cívica pode facer fronte ao sinistro cerco que está desnucando o interese público.
Iso, e a conciencia de que os grandes valores que a Humanidade amoreou no seu devir terán que prevalecer e non poderán ser destruídos. Tal o pensaba o presidente chileno D. Salvador Allende. Hoxe adquire pleno vigor.