O escenario político español é cuspido o dunha oligarquía parlamentaria e burocrática a soldo da plutocracia multinacional. A tal fin semella aplicado o sector maioritario do corpo político do pais. Efecto inmediato é o deterioro da política coa deserción dunha cidadanía frustrada diante da carencia de mecanismos para controlar eficazmente os comportamentos. Impotente ao ollar como a corrupción perpetúase nos seus territorios, sexan autonómicos ou locais. Algo grave acontece cos mecanismos democráticos cando a tolerancia ante a corrupción faise natural aceptando que afinidades ideolóxicas agochen ou minimicen a transgresión ou a arbitrariedade abocando a democracia a niveis terceiromundistas
Os sectores conservadores, de seu insolidarios e ideolóxicamente fundamentalistas, tentan puír o seu ultraliberalismo recorrendo a un clericalismos como o que nos anos 20 do século pasado era mecanismo doutrinario do social-catolicismo de Gil Robles…"recoñecemos o dereito de todos a vivir de acordo coa condición en que o Señor colocoulles. Consideramos ao rico como un irmán maior en Xesucristo e como tal o respectamos e amamos”. Unha groseira apoloxía do despotismo patriarcal do capital que esixe a submisión ao arbitrio do poderoso...” o irmán maior en Xesucristo”… En tanto ao ditado foráneo, con man allea, pero compartido polos intereses da oligarquía local, pódase sen pudor nin rubor o modelo social e económico.
Mentras anda niso e dereita, a socialdemocracia, esta orfá de discurso alternativo. Adicouse a implementar políticas neoliberais ás que, en orde ao seu compromiso ético e histórico suponse debía combater. Tampouco apostou por ser vangarda do federalismo dunha Europa social. Menos propiciou mudar as leis electorais para favorecer a participación cidadá. Simplemente acomodouse como dilixente testamentaria da xestión neoliberal nas institucións.
A sombra funesta de Blair e súa “Terceira Vía” aínda contamina algúnhas formacións progresistas, impartindo a neurótica alineacion da socialdemocracia co liberalismo ata puntos de indefinible a fronteira. Unha deriva que pódese testar no esmorecemento da base social de centroesquerda e a desbandada dos seus votantes cara formacións con propostas políticas diferentes. AGE en Galicia e a propia EU no Estado son exemplos que permiten aventurar a posibilidade dun severo troco na correlación na esquerda si non erran na súa estratexia. A socialdemocracia europea con moitos dos seus partidos inmersos nunha crise interna, non afronta axeitadamente a crise enfrascados en ollarse o embigo para atopar a súa identidade ideolóxica. Botase en falla unha resposta en orde a un modelo social europeo que incorpore unha nova visión sobre o Estado do benestar e súa garantía de supervivencia. Froito diso son a crueza das cifras: dos 502 millóns de cidadáns da UE só 79 millóns están gobernados polos socialdemócratas.
O socialismo deuse conta de que os poderes económicos ao amparo da violencia da crise, apuran a oportunidade da eliminación das conquistas do mundo do traballo no seu devir histórico. No ameto mais próximo, o PSOE como partido, malia si mesmo, e parte integrante do mundo obreiro e de clases medias de cuxos votos nútrese. O perigo de aniquilación é unha ameaza real. Xa non abonda para supervivir ser lacaio fiel do capital e exercer unha labor letárxica das inquedanzas dos asalariados. A Internacional da especulación económico-financeira fíxolle saber que non continuará mantendo en nómina. Quinto Servilio expresouno na coñecida frase, “Roma non paga traidores”. Pola contra, a actual conxuntura, permítelle executar ao feudatario. Fronte da tétrica realidade a socialdemocracia tenta revoltarse como o reo que resístese a morrer. Invoca chamadas, xa case que esquecidas, a loita activa. A desgraza do PSOE como a dalguns dos seus irmáns europeos, e que tras seus viraxes compulsivos mostra unha perigosa orfandade de vimbios e ideas que faille pouco dodado saír do seu autismo. Un estado catatónico pola perda do poder, habendo entendido este como fin e non como medio. O fito historico urxe claridade e veracidade no que se quere facer e como. Os amagos de salón máis aló do estético, non mudan a falla de credibilidade. En troques trasladase nitidamente a sociedade é que a perda de poder mais que concitar reflexións, esperta loitas fratricidas para apañar as migallas que aínda conservan.
A percepción da cidadanía froito da realidade cotiá é que a política converteuse nunha profesión. Que discorre por diferentes institucións, de representación e designación ate unha xubilación plácida. Algo que repugna especialmente cando os que ofrecen tal espectáculo fano desde unha suposta posición de esquerda. Os cidadás confiaban que a socialdemocracia, o socialismo, o PSOE tivera códigos éticos distintos. E desde eles defendese o interese común que di representar. Mais fronte a unha dereita elitista, endogámica e raquítica de miras a oferta da socialdemocracia, semella de xeito alarmante moi parella.
Lonxe quedan unhas verbas dun mozo, secretario xeral socialista, González Márquez, (incluso para el mesmo), “O PSOE defensor sen concesións das reivindicacións da clase traballadora, cuxa total emancipación persegue, estase convertendo hoxe, como en 1931, en eixe da vida política e en boa medida en garantía da alternativa democrática”…
Os que si fican maís preto son os precarios percorridos do PSI, do PASOK, ou do PSP….