Antonio Campos Romay |
O seu sectarismo ideolóxico no caldo de cultivo da crise ábre camiño hábilmente a unha tridentina contrarreforma dinamitando calquera aspecto relacionado cos dereitos cidadáns, as conquistas da clase traballadora acumuladas co sacrificio de décadas de loita ou os indicios do librepensamiento ou dunha sociedade laica autónoma de confesións relixiosas. O camiño cara á igualdade de oportunidades no acceso ao coñecemento e a cultura e todo aquilo que representa o estado de benestar é encornado ferozmente ao grito de “menos estado máis mercado” que é frontispicio áureo no libro de ruta dos ultraliberais locais émulos cativos dos fundamentalistas norteamericanos.
Excítanse ante a desmesura do Conseller de Interior de Catalunya en orde ao papel dos Mossos no contencioso do referendo, pero aplauden coas orellas o despropósito precedente de Vidal Quadras, vicepresidente popular do Parlamento Europeo, pedindo un xeneral de brigada da Garda Civil para que tome o mando dos tales Mossos e de paso das institucións da Generalitat…A Sra. Cospedal compara unha conspiración militar con ramificacions en diversos puntos, unha rexión militar baixo lei marcial, o Congreso tomado a tiros, cuns civís indignados nas inmediaciones das Cortes.
Si un xuíz noxado da leria cociñada en Interior contra os dirixentes de “Rodea o Congreso” mostra a súa repugnancia e ignora a torpe manipulación sometida ao seu criterio, un cualificado dirixente do PP, o Sr. Hernando, táchalle de “pijo acrata”, indecente, indocumentado, demagogo e demais lindezas. O Director da Policía Coisidó, nin curto nin preguizoso propón prohibir os testemuños gráficos nas manifestacións cidadás...Algo que o anterior réxime facia sistemáticamente. Quizais a seguinte proposta de Interior sexa prohibir as manifestacións…a Delegada do Goberno en Madrid algo avanzaba en tal sentido…O ministro de Xustiza intenta ás bendicions dos sectores máis extremos do seu partido mudando a careta de centrista civilizado. Perderá a careta, a vergoña, mais non gañará aos sectores aos que fai carantoñas. O do españolizador Sr. Wert require urxente tratamento. Súa incontible logorrea mesmo e equiparable ao mellor Cantinflas...só que este era un excelente e didáctico humorista.
Remata a campaña electoral na nación que tantos negan e outros desprezan: Galicia. Coma se por selo houbera de renunciar a convivencia harmónica desde o respecto e a solidariedade no conxunto do estado. “O contable”, en acertada definición do Sr. Jorquera quéixase de calumnias… Referirase, é un dicir, ás truculentas historias dos Audis? En que quedou todo aquilo? O bo contable mostra moitas gretas… 400 millóns de euros arriba ou abaixo...As mesmas que ao contar parados. Ou os seus bailes de números tan comúns nas súas táboas da lei económica. Como esta terra ten moitísimo de máxica caben todo tipo de milagres. Como saido da Santa Campaña aparece na escea un condenado por prácticas de trampón nunha entidade financeira, que tras unha tempada de retiro nunha carcel amanece dando leccións de etica e moral. E receitas para facer fronte á crise financeira e económica. Tan curioso como que os que pretenden facer táboa rasa do autogoberno e do idioma ofrézanse para ser elixidos como representantes da soberanía galega. Ou a desvergoña de Rosa Díaz que impúdica tras insultar a Galicia obstinándose niso negándose a rectificar mentras asoma a seu murcho programa nestas terras tan xenorosas que mesmo reciben a calquera.
Pero o máis curioso é que a maior físgoa de luz que asoma sobre unha campaña agrisada e de mínimo ton arróxeo o patriarca de todos os candidatos. O que cunha lucidez envidiable e unha bagaxe intelectual de lomgo por riba da media fai gala dunha rebeldía á vez madura e xuvenil enfrontándose á resignación, ao derrotismo e a falacia interesada da mensaxe truculenta aliñada nos fogóns da globalización capitalista. O profesor Beiras ofrece receitas alternativas e sobre todo enarbola esperanza e fe no país. Antepoñendo como prioridade ineludible o interese da cidadanía. Coa lexitimidad do seu insobornable amor á terra e do seu compromiso co país. Desde unha honestidade intelectual e material irreprochable. Ao seu carón, Yolanda Diaz, unha dirixente da outra esquerda, con ansias de futuro e sen acatamento ao abafante corsé do políticamente correcto. Confluíndo ambos nunha oferta novedosa, que concita ilusión e con certo perfume heleno. Syriza ao fondo.
Chega de pechacancelas un Rajoy tal que anima en pena tras vagar polas néboas de Flandres que tan mal deuse sempre aos españois. Cabaleiro da triste figura alanceado pola súa rotunda correlixionaria teutona, atopou un fado protector nun gabacho cuxo peito socialdemócrata é o único valedor que atopa para refuxiarse… Vivir para ver.
En tanto, a esquerda clásica, entre amigos. Con eles xa non fan falta inimigos, non si Sr. Guerra?…E algún cabeza de lista cun pé no Congreso e outro na hipótese electoral…Si sobrevive, que non é pouco, é polo denodado esforzo do Sr. Vázquez, (D. Manuel claro).