Antonio Campos Romay |
Cando a TVE parecía enfilar un nivel de imparcialidad e credibilidade, de dignidade , mais próximo á BBC que á televisión ao uso Berlusconi, “chegou o PP e mandou parar...” Primeiro cargándose pola vía do rolo a lexislación prevista para manter esa ecuanimidad alfombrandolle o camiño a un presidente do Ente, Sr. González Echenique que goza no seu currículo ser asesor do imputado exvicepresidente do Goberno Sr. Rato. O seu nomeamento estrela o Sr.Somoano, novo director dos Servizos Informativos de TVE, foi director e presentador do Telexornal 1 de Telemadrid. Quizais o seu maior aval profesional é a súa meritoria carreira como destacado “axitprop” do equipo de propaganda do PP de Aguirre. Así o define Angel García, membro do comité de empresa de Telemadrid. Unhas voces que non só subliñan a súa actitude servil cos homes fortes de tal formación política senón que o cualifican como "unha persoa ao servizo da familia Aznar", especialmente vencellado a Sra. Botella É unha idea común que "Somoano chegou a Telemadrid cando a Sra. Aguirre necesitaba implantar a súa ideoloxía na cadea. Agora, repetirá a misión en TVE". A xornalista Teresa García, presidenta do Comité de Telemadrid, refírese á nova responsabilidade politica do Sr. Somoano en TVE como unha noticia "moi triste para a democracia":
O diario británico ‘The Guardian’ fíxose eco dos ceses na RTVE nun artigo titulado: “O Goberno, acusado de purgas na televisión e a radio nacional”, no que afirma que o Executivo de Rajoy parece decidido a “non tolerar ningunha crítica sobre os recortes do gasto público” ou de calquera area da súa actuación.
Onte, entre un millón e medio ou dous de cidadáns e cidadás, familias enteiras, mocidade e xente moi maior ocuparon máis de tres quilómetros de rúas da cidade condal portando senyeras e “esteladas”. Eran, pacíficamente e sen violencias a poderosa voz dunha nación sen estado na procura do mesmo poñendo en evidencia unha situación a duras penas evitada ou agochada con diversas ambigüedades durante os derradeiros anos. Eran tamen o produto da maquina de facer independistas manexada desde amplos sectores do PP e daqueles que son os seus incondicionales máis aló da tenue fronteira que limita á súa dereita extrema e aparentan monopolizar máis dunha decisión crave.
O Sr. Rajoy a véspera, con notoria torpeza falaba de lea e algarabía. Nada novo que sea alleo a outros estólidos personaxes que polo sua miopía fixeron historia. Cando un garda espertou na mañá do 14 de xullo a un bobalicon Luís XVI no seu palacio de Versalles informándolle que miles de cidadáns tomaran a Bastila nun Paris convulso, aquel mentecato balbuceo: “é unha revolta?”….Non Sire, é unha revolución” contestou o mensaxeiro, o duque de Liancourt.
Tralo levantamiento da nobreza de Lisboa, o Conde Duque de Olivares facendo de tripas corazón nunha noite de 1640 houbo de comunicar ao disoluto e irresponsable rei da Casa de Austria Felipe IV a noticia. A súa alocución foi entrar no aposento onde estaba aquela escoira coroada e dicirlle «¡Vosa Maxestade! tráiovos grandes noticias! ¡O duque de Braganza volveuse tolo e proclamouse rei de Portugal!»
Tales criterios parecen inspirar ao lacaio destacado como capataz servil nos reais sitio televisivos. E con eles relegar con estulticia de avestruz, a noticia de maior calibre da xornada a un quinto e fugaz lugar ou desdeñar calquera comunicación en directo en “TV 24” horas ao longo do día. Namentras abría informativos na BBC, na RAI na TVF etc.
A doutrina Urdaci en estado puro. Un tema cuxa dimensión politica vai marcar moi seriamente os proximos tempos non se salva burlando de xeito groseiro o dereito á información dos contribuintes que financian o medio.
O Sr Somoano debese dimitir. Non por manipulador. Que o é. Non por lacayo do PP. Que o é. Por estupido siinxelamente.