Antonio Campos Romay |
O PP incrementou en poucos meses a tensión social, incorporando colectivos alporizados ao observar que tralos recortes, hai moito de carga ideolóxica que eles haberán de pagar. É o caso dos traballadores do sector público, nos que agás do profesorado ou os traballadores dá sanidade, tradicionalmente mantivéronse alleos ás movilizacions.
A manipulación da cidadanía desde diversos altofalantes extremistas acrecentase. Fomentando o desprezo pola política e os partidos. E de xeito moi especial aos sindicatos. Gabase sen disimulo o populismo. Gaña folgos unha dereita neofascista centrada en arremeter contra os dereitos democráticos e sociais. Demonizanse as conquistas do mundo do traballo como un estigma que frea a glorificada “eficacia” do capitalismo salvaxe frorido na máis absoluta desregulación. Mesmo algún impúdico personaxe tenta renacer da súa turbia biografía para pescar nas revoltas augas políticas. Arremetese cunha especial acritude contra o estado autonómico desde unha solapada nostalxia do centralismo máis rancio. Agredese o municipalismo sen ofrecer receitas racionais. Mesmo considéranse superflua a representación da cidadanía ante unha crecente febleza democrática.
Tras un verán inquedo o goberno propoñerá medidas mais crueis para cumprimentar os ditados da Troika. O que de seguro levarao a requirir complicidades para impoñelas. Os elixidos serán as forzas que na primeira restauración chamábanse “dinásticas” e hoxe en expresión máis ao uso, “institucionais”. Non é arriscado aventurar que pese ao menosprezo mostrado cara elas polo Sr. Rajoy en varias ocasións, perdan a pouca vergoña que lles queda para ir na súa procura. Que non é exactamente procurar o mellor para a cidadanía. O “rescate” dos mais febles da sociedade abonda non ser prioridade nas sisudas reflexións de tales forzas.
Nas posicións da esquerda, polo menos aquela que goza de máis respaldo electoral, so hai mostras de orfandade ideolóxica e estratéxica. Semellan ficar apampados na irrealidade ou na nostalxia polas posicións de poder fuxido. A súa miopía impidelles ollar a urxencia de articular solución rigorosas para abordar a saída á catástrofe na que nos atopamos inmersos evitando que estas cheguen da man da dereita máis insolidaria de toda a Transición, esmorecendo aínda máis si cabe a cohesión social e o ben común.
A conflitividade deste outono vai ser determiñante. Unha folga xeral no horizonte, que caso de producirse amaga ser severa. Múltiples iniciativas fronte a un goberno que mostrou con xenerosidade súa tendencia a poñer o estado ao ditado das oligarquías económicas locais e foráneas. Goberno cunha maioría legal absoluta e unha minoría moral salientable. Un perfecto caldo de cultivo dunha crecente ira civil.
É un escenario que demanda profundar nun marco democrático. Que super a conxuntura e aborde temas de profundo calado sen resolver. Administración, territorio, forma de estado, etc... Un escenario no que e indispensable que a socialdemocracia, ofreza unha resposta distinta dos seus comportamentos e discursos cargados de complexos e limitacións. Desvencellada do papel de escudeiro fiel sometido ás regras de xogo dos poderes económicos. Liberada definitivamente do cordón umbilical dunha transición, que polas circunstancias históricas habilitou un proceso político mais ou menos tutelado, onde a implícita continuidade do réxime anterior tivo reflexo ata na xefatura do estado.
Seria miopía suicida non prever que sen unha fonda rexeneración democrática allea de tabús e complexos, que a presión social crecente anima un incerto desenlace. Tanto como non diagnosticar que tras esta situación caótica agochase a realidade dun réxime caducado. Cuxo parte de defunción pode asinarse nun estourido social.