Xosé António Gaciño |
Postos a poñer en cuestión tantas conquistas que se crían consolidadas, e mesmo necesitadas dun maior desenvolvemento, algúns empezan a cuestionar o oficio mesmo de político. De feito, entre os movementos de indignación provocados pola crise (e pola maneira de combatela, sobre todo), os políticos reciben as acusacións máis duras. Como mínimo, son considerados cómplices ou subordinados dos grandes poderes financeiros que orixinaron a crise, por obedecer máis a eses poderes que aos cidadáns que os elixiron. As voltas que están a dar as manipulacións ideolóxicas en torno á saída da crise en Europa están a elaborar a conclusión máxima de que son os propios políticos os causantes da crise, pola súa dilapidación dos fondos públicos, mesturando indiscriminadamente erros de xestión coa corrupción pura e dura.
A esas manipulacións contribúen os mesmos políticos, con toda sorte de condutas irresponsábeis e, algúns, con accións ao bordo da ilegalidade cando non directamente delituosas. Teñen razón cando argumentan que os presuntos delincuentes son unha minoría (os irresponsábeis son tamén minoría, aínda que algo máis numerosa), pero non axudan a visualizalo cando a actitude xeral ante calquera denuncia, con honrosas excepcións, é minimizar as posíbeis irregularidades e botar man da lexítima presunción de inocencia ate o segundo inmediatamente anterior á sentencia condenatoria, se é que antes non se consegue inhabilitar ao xuíz instrutor.
A presente crise, por outra parte, xa provocou en países da Unión Europea a substitución de gobernantes elixidos democraticamente por técnicos aceptados polos parlamentos afectados (Grecia e Italia, en concreto) pero suxeridos pola cúpula das institucións europeas (se é que tal cousa existe, máis alá do goberno alemán e o Banco Central Europeo). E se o maior reparo que se pode facer á deficiente e incompleta estrutura común da UE é a do seu déficit democrático, cun Parlamento moi limitado nas súas funcións e unha esixencia de unanimidades e votos cualificados que fai moi fácil o bloqueo das decisións, mal asunto é que a tendencia sexa ampliar o déficit democrático en vez de abrir decididamente o camiño a unha democracia federal.

Entre a tentación tecnocrática e a propagación de populismos patrióticos, as consecuencias da crise pode que non sexan exclusivamente económicas e sociais. En realidade, o retroceso en materia de dereitos laborais e asistenciais significa xa un deterioro da democracia. Nas últimas semanas, os gobernantes españois xustifican a súa sucesión de decretos para acelerar os recortes de gasto público como a imposición de criterios superiores que nin eles nin os cidadáns españois están en situación de elixir: toda unha confesión de impotencia e de inutilidade da representación política, coa agravante de que non está nada claro que os criterios impostos pola suposta obxectividade técnica leve á desexada recuperación económica, aínda que sexa a longo prazo. Nin que a posíbel recuperación económica chegue para todos.
Despois de todo, eses criterios que case todos os gobernantes da UE seguen como dogmas de fe son deseñados por tecnócratas que veñen da “escola” de Goldman Sachs e Lehman Brothers, polo que o máis probábel é que a recuperación sexa inversamente proporcional ao grao de sacrificio esixido para conseguila. É dicir, que se recuperen máis e mellor os que nos meteron neste labirinto.
Quizais algún día poida recuperarse o suficiente grao de democracia como para que a cidadanía dispoña da oportunidade de elixir a políticos radicalmente diferentes de estes submisos capataces do poder financeiro.