José Luis Gómez |
En España está cada vez máis estendida a idea de que o
Goberno comunica mal o que fai e de que, ademais, é pouco transparente.
Pode cuestionarse se comunica ben ou mal, aínda que non parece que este
goberno sexa moi distinto doutros anteriores nese sentido, pero acusar
ao Executivo de Rajoy de non ser transparente carece de fundamento. Non
vaia ser que os medios de comunicación -e os xornalistas- sexamos os que
comunicamos mal. Ou de xeito fragmentado.
Por que é moi transparente este Goberno? Porque deu a coñecer por escrito varios documentos, xa remitidos a Bruxelas, onde realmente se ispe e anuncia medidas moi severas, algunhas das cales nin saíron nos medios, o cal non parece que sexa responsabilidade do Goberno, senón máis ben dos propios medios ou no seu caso da Oposición que se supón que controla ao Executivo. Xa que logo, se a xente en xeral non sabe a tal hora a que se lle vén encima é porque non se lle informa adecuadamente, pero non porque o Goberno esconda os seus severos documentos. Outra cousa distinta é que se lle queira reprochar ao Goberno que pervirte a linguaxe para suavizar as súas duras medidas ou que non conte ante as cámaras de televisión os axuste que ten na súa axenda, que ter tenos.
Vexamos un botón de mostra desta tese que a primeira vista pode parecer sorprendente. En porcentaxe de PIB, de aquí a 2015 van subir o IVE e o IRPF -preparémonos, xa que logo- e en cambio manteranse estables os impostos sobre o capital. En cantas primeiras páxinas vimos esta importante noticia? En cantos faladoiros de radio e televisión se comentou e se explicou todo isto polo miúdo? Pero iso non é culpa do Goberno, o que é culpa do Goberno é facer ese tipo de política fiscal, onde o único que baixa é o nivel de cotizacións sociais.
Desde a esquerda tamén se comete a miúdo outro erro: confúndese o gasto co ingreso. Este Goberno non rebaixará o nivel de ingresos do Estado en porcentaxe do PIB, senón que o aumentará un pouco de aquí a 2015. O que baixará moito é a porcentaxe de gastos do Estado. E aínda así non conseguirá ter menos débeda pública, senón que en 2015 terá máis, ata tras haberse fixado un obxectivo de déficit do 1,1% nese horizonte.
Como este tipo de cousas hai moitas máis, que xa nos levarían a entrar en detalles de todo o que vai facer o Goberno para consumar un durísimo axuste que probablemente terá graves consecuencias sociais.