lunes, 19 de marzo de 2012

Troulas de mal gusto – Antonio Campos Romay

Non deixa de ser unha troula de mal gusto utilizar algo transcendente, a fusión previsible dos concellos de Oza e Cesuras para agochar tres anos dilapidados na xestión dos intereses de Galicia a hora de dar contas diante do Parlamento. Un acto oportunista dun presidente que quixo ser mediatico e sentirse o D. Pelayo popular, comendador da reconquista da patria das “hordas vermellas” (outra brincadeira de cativo gusto, pois teñen o vermello tan acaído que mesmo parece laranxa). Pero quen presuporía ía premialo deulle as costas deixando espido e sen noiva mentres agasallaba a un alcalde entrampado ate as orellas e con apenas seis meses de reelecto. O mesmo que gardou os aloumiños para a presidenta dunha Comunidade con mais problemas que o Titanic, concedéndolle que poida  repicar e estar na misa da Secretaria Xeneral. Mentras a Dra. Pastor era chamada para facer curas en Fomento, o vello rival lucense, Barreiro, tiña voz e voto no Senado. O noso presidente como naquel bolero dos Panchos, estaba receptivo ate as “trancas”...si tu me dices ven lo dejo todo…mais atopouse cunha resposta mais propia de D. Sabino Fernández Campo, “nin está, nin esperáselle”.

D. Alberte, trala súa entrevista na Moncloa onde a cada petición o mais que arrancou foi,  “un xa veremos”, “por unha banda que queres que che diga, por outra que queres que che conte” quizais o único que debeulle ficar claro foi o mandado para cando celebrar as eleccións en Galicia. De seguro debeu saír dicindo entre dentes “cun amigo como este xa non fan falla inimigos... Arre demo, Ana Pontón e Pachi son anxos da garda”

 O Sr. Nuñez Feijoo no debate do Estado da Autonomía, cunha habilidade que xusto e recoñecerlle, botou man dun atractivo engado para distraer a atención tanto dos sermóns  reprobatorios da oposición como da frixida acollida do seu xefe de filas a sazón  Presidente do Goberno de España. Viulle de perlas facer fincapé en ter o primeiro caso en moitas décadas en que dous concellos deciden ir contra a corrente da irracionalidade sumando e non restando. E facelo baixo o seu padroado. Uns réditos felices con dimensión para saltar aos telexornais.

A disparatada distribución territorial do país, (non menor no Estado), paralela ao minifundio das terras dos nosos paisanos, cunha mínima racionalidade administrativa non parecía ser ate de agora unha das preocupacións do Sr. Presidente. Non hai referencias da súa preocupación por dar coherencia a un territorio espallado en 316 anacos na súa maior parte insuficientes para ser sostibles. Nin en orde as catro deputacións, salvo deféndellas e non eméndallas. Redutos sacrosantos aos que os partidos maioritarios cando as gobernan aférranse con uñas e dentes como lugar de apousento e nalgun caso de cacicadas. Onde xusto e dicilo brilla por mérito propio unha, que mais aló das singularidades que lles son propias a todas, suma a de ser hereditaria. Tampouco coñecemos inquedanzas do Sr. Presidente  sobre o futuro das catro provincias tan difíciles de casar coa  autonomía  coma as deputacións. Tampouco na presencia dos residuos da administración central. Cun delegado do goberno chegaría. Iso por tomar conta da falla de lealdade institucional que nos e tan común. O autentico delegado do goberno e xustamente o presidente do territorio. Imaxina alguén un delegado do goberno en Arkansas ou California ou nun lander alemán? O dos subdelegados seria xa surrealista.

Dentro da confusa cando non contraposta postura na materia dos dirixentes populares,  maior ainda que as ambigüidades tamén presentes nos lideres socialistas, cabe salientar, que con prudencia e mesura, fomentando os encontros dos concellos e arbitrando a súa racionalización, podria chegarse  a culminación dun escenario onde a desaparición das deputacións non seria de xeito abrupto senón por diluírse as súas obrigas

Si o Sr. Nuñez Feijo tivera realmente vocación no tema mais aló do oportunismo, diante da crise que non cesa, nunha economía que non parece ter un amencer distinto en anos, neste tempo de tixeretazo en tente teso,  estaría auspiciando un pleno monográfico sobre un proxecto coherente de reordenación territorial. Convocando aos partidos, aos concellos, a Fegamp, cuxo presidente e home intelixente e capaz. En fin estaría facendo cousas de moito mais calado e rigor que aproveitarse en plan triquillón e epidermico dun dato de indubidable interese para camuflarse nun exame ao que chega como un mal alumno con pésimas notas en tres cursos seguidos... E magoa para Galicia que os ollos do Sr. Presidente estean noutro lado. Tamén e magoa para el, que  nese lado os ollos estean moi lonxes del.