(Leer en castellano)
Presumen os corifeos do Presidente D. Mariano que en sete semanas fixo máis que o seu antecesor en sete anos. E non lles falta razón niso. O seu espírito tridendentino chega tanto á píldora do día despois como ao aborto. A converter a porta do armario da normalidade gay en porta de torno para voltar ao pasado mais estigmatizante. Un tallazo ás carteiras escuálidas para facer boca en nome da NON suba de impostos. Aos seus “intocables” pensionistas aparéceselles a virxe de Fátima en forma de Ministra de Emprego que lles anuncia nunha carta que “este goberno esta comprometido co mantemento e mellora do noso Estado de Benestar” e anúncialle ao “Prezado pensionista” a revalorización dun 1% da súa pensión. En anexo á sentimental misiva, o Director Xeral da Seguridade Social, que tamén estima ao pensionista, trasládalle unha liquidación onde o aumento das retenciones fai que a mesma redúzase de forma drástica. A materia de Educación para a Cidadanía convértese en sucedáneo de “Educación do Espírito Nacional” e sobre todo, ante todo e como traca previa a futuras mascletás, unha reforma laboral, que por si só cárgase cen anos de loita obreira dunha tacada e dende logo iso que tanto gustan na filas do PP invocar, a transición e o consenso habidos durante 30 anos en materia laboral. Como os ventos sopran favorables, dirixentes patronais compadres de mesa e mantel dos novos monclovitas, reclaman dende os seus púlpitos, dende a reconversión do dereito de folga a caricatura ata o envío a Laponia de traballadores en paro, pois as pituitaria dos quenllas da patronal máis casposa excítanse ata o paroxismo co sangue vertido do mundo de traballo. Si fixesen prezo non seria mala idea incluír no tour lapón, sen billete de volta está claro, aos sindicatos de clase.
Valencia recibe na súa pel os lategazos furibundos dunha represión de brutal dureza, máis sórdida se cabe, por selo nas costelas máis xuvenís. A autoridade, por suposto policial, fala de inimigos. Que mozos españois que se manifestan pola calidade dos seus estudos son o inimigo, non é lapsus Sr. Ministro. É outra cousa. E ten nome concreto. Unha delegada do goberno presente cando se di tal atrocidade e garda silencio, nese mesmo momento perde a súa lexitimidade para ostentar o cargo. Tamaña tolemia só podería saldarse cun cese fulminante. De paso polo camiño van quedando xirons dos dous grandes alicerces da nosa sociedade, a educación e a sanidade convertidas en chibos expiatorios dos ardores neoliberais do réxime marianista. Porque en España hoxe a escasas datas de que en Sevilla e Asturias súmense as últimas papeletas, hai un novo réxime. A todopoderosa De Cospedal, musa e clarín do novo réxime nacional-popular xa pode anunciar coa súa voz cantariña,”cativo e desarmado o exercito vermello, as tropas marianistas alcanzaron os seus últimos obxectivos. Sevilla 25 de marzo de 2012.”
Porque é un réxime de totalidade. Un estado onde todo, concellos, deputacións, comunidades, goberno central, estará baixo o pendón borbónico, que xa por iso no Congreso de Sevilla declarou D. Mariano ao PP partido monárquico na súa intervención de peche cunha comunicación de vasalaxe á Casa Real, e a bandeira azul (non a de calidade das praias), senón de gaivota, eses paxaros mariñeiros cuxos hábitos alimenticios son debidamente coñecidos.
E isto só acaba de empezar…