José Luís Gómez |
Os sindicatos reaccionaron co anuncio de mobilizacións ante unha reforma laboral que non só facilita os despedimentos, senón que abre paso a unha rebaixa xeral de soldos, tendo en conta que as empresas poderán modificar a contía salarial para gañar competitividade e terán capacidade para baixar a nómina aos empregados menos produtivos. En resumo: Rajoy permite pagar menos e despedir máis fácil e barato, e os sindicatos anuncian protestas para o 19 de febreiro, á espera de negociar.
É verdade que aquí había mellores indemnizacións por despedimento que noutros países da Unión Europea? Si o é, en xeral. Pero en ningún outro país hai tantos despedimentos nin tanta economía mergullada. Méndez di que o Goberno de Rajoy actúa coma se España fose un país intervido. Parece que o líder uxetista aínda o dubida, pero pouca marxe hai para a dubitación: existe unha axenda alemá para España que Zapatero cumpría en plan remolón e que Rajoy executa como alumno aplicado. Traducido en termos de salarios, estes tenderán a vincularse cada vez máis á produtividade, desligándose da inflación.
En crises anteriores fixéronse depreciacións para reactivar a economía mediante unha maior capacidade exportadora, capaz de revitalizar o emprego e o consumo interno. Como isto agora co euro non é posible, a 'depreciación' faise recorrendo a outro tipo de axustes, que terminan afectando aos salarios e ao gasto público. A reforma laboral é unha parte máis da depreciación interna: servirá para reducir os salarios e as indemnizacións, sen que xa estea tan claro o estímulo á creación de postos de traballo.
Non nos enganemos: o problema económico e laboral de España é de crecemento, competitividade e produtividade. Quedámonos sen a construción e non sabemos que facer para suplir ese tremendo baleiro. Coas mesmas normas laborais que están cambiando fixéronse milagres económicos con gobernos de distinto signo e retos diferentes (recesións, reconversións, adhesión á CEE, etcétera) e con esas mesmas normas hai taxas de paro similares ás europeas en Euskadi ou Navarra fronte a inaceptables niveis de desemprego de Andalucía ou Estremadura. A reforma laboral axudará aos empresarios pero por si soa non devolverá o crecemento e o emprego.