domingo, 17 de noviembre de 2013

Non mexan por nos…e outono e chove - Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay
A nosa princesiña, Súa Alteza Real Doa Cristina Federica Vitoria Antonia da Santísima Trinidad de Borbón e Grecia, muller laboriosa onde has haxa, cun traballo moi apañado, obtido polos seus indubidables méritos nunha institución crediticia catalana que pódese permitir o que quizais Cataluña xa non pode. Agasallala  cun salario suculento. E cando lle peta a nosa aquelada princesa,  trasládana a un novo destino, por exemplo a un país onde o chocolate e doce e saboroso dende o século XVIII e os reloxos son dunha puntualidade que da noxo. Onde os cartos perden a identidade e so identidades moi devanceiras son quen de identificalos.

O Sr. Duque de Palma, namorado esposo, e home de mans longas e áxiles. Coma corresponde a un laureado deportista que delas sacou proveito e gloria. Fica  o consorte,  tras a súa dona. De seguro que nas terras helvéticas, como home de refinamento adquirido, saborea unha copa de Pinot Noir ou un Merlot, mentres reflexiona sobre as inxustizas da vida. Anda tras eles un home pequecho e atravesado. Un xuíz teimudo,   que quere facermos crer que a lei e tal para a plebe que para as sangues  azuis… Que disparate. Sen acougo tenta mostrar que tal parella,  non son trigo limpo.  ¡Un exemplo de familia feliz e cristiá,  agasallada cunha fartura de borbonciños arredor!.. Menos mal que anda vixiante o Sr. Fiscal sempre un paso diante poñendo atrancos no camiño a tal insolencia. A longa sombra da Fiscalía Xeral do Estado, exercendo de xeito curioso pero con extrema dilixencia, mesmo foi gabada dende a Zarzuela.

Con curiosa discreción producíronse  trocos nos responsables policiais da investigación das tramas Gurtell e  Barcenas tamén coñecida, coma a dos sobres ou do financiamento anómalo do PP. Está claro que tales movementos son só  vontade de chegar ao fondo do tema gañando en eficacia: Vaites¡¡… ningún ía pensar fora doutro xeito…Que se cese das súas responsabilidades aos membros de UDEF (Unidade de Delincuencia  Económica e Fiscal), encargados das investigacións ordenadas polo xuíz Pablo Ruz nos casos ditos, a equipa que destapou a trama, está claro que non é senón un xesto agarimoso do executivo para que gocen dun feliz repouso. O PP chegou ao Goberno disposto a controlar os informes que lle afectaban tan de preto esixindo a súa  entrega de “xeito previo”, para “controlar os seus contidos”. Os malpocados desgustáronse,  pois os funcionarios actuantes, atentos a  norma de pasalos  directamente ao xuíz, como está regulamentado, esixían una orde por escrito para violéntala.

Alguen no PP púxolles de alcume ‘policía política’. Unha licenza literaria da que  gustaba tirar o deputado popular Sr. Gil Lázaro. O mesmo que dicía na súa permanente rosma que ía ser a tumba do Sr. Ruvalcaba. D. Alfredo segue sendo o portavoz de oposición. Do Sr. Gil Lázaro, o da “policía política” xa non hai noticia nin en “Intereconomia”, na que chegou a ser estrela.  Coitado Sr. Gil. Con todo o que saíu da súa boca,  para rematar no sumidoiro da historia parlamentar.



Trala sentencia do PRESTIGE non hai tregua no cabreo. A xustiza ve xusto e necesario ditaminar que ninguén ten culpa algunha. Pois non e cousa de pouco merito achegar tal conclusión tras remexer o expedente once anos. Tampouco ten a conta  lembrar que o defunto Sr. Fraga e o vivo Sr. Álvarez Cascos  andaban escopeteando por uns cotos de caza, coidando do medio ambiente con esforzado sacrificio. Ficaban tranquilos, pois agás dos alarmistas de oficio, estaban as sabias verbas do hoxe Presidente D. Mariano Rajoy: trátase duns fíos de plastilina. Sabendo da entrega dos dirixentes populares, da súa abnegación e do seu eficiente aparello administrativo e da sisuda sentenza, so queda por desconfiar da malevolencia dos milleiros de voluntarios e voluntarias que inundaron as nosas praias. Arree demo que van ser eles os culpables mais axeitados... De seguro que namentres buscaban “o quinto piñeiro” do Sr. Cascos, as agachadas ían vertendo queroseno para amolar a nosa flora e fauna costeira...Velai unha vía para investigar…

Aqueles fíos de plastilina foron benaventuranzas para a nosa terra. O Plan Galicia, marabillosa iniciativa, que houbera feito propiar Berlanga,  inmortalizouse en centos de carteis pola nosa xeografía anunciado a derrama de gloria e benestar. Suponse que no ceo, pois na  terra so topáronse  promesas esquecidas, murchas como co tempo ficaron os carteis. O entón presidente, Sr. Aznar, cando non tivo cousa mellor que facer, achegouse a terras coruñesas coa súa corte, a facer unha  xuntanza con aroma de recepción franquista no Pazo de María Pita. Un emulo de D. Alfonso Molina puña o mesmo entusiasmo en ser servizal e dilixente, que aquel co ditador. O baile de promesas que ía trocar a cidade e Galicia para os próximos séculos rematou nun anaco de metal pendurando  do peito do oficioso anfitrión e o esbozo dun porto exterior, dándolle a man a outro a poucas millas, sen estrada de acceso, sen comunicación ferroviaria pero papando centos de millóns de euros xantados por un mar que  bate nel coa peor intención, e os buques fuxindo do lugar coma do lume…Vai resultar que os franquistas trabucáronse. Quen e distinta e Galiza, non España…Nesta terra pódese delinquir e esmagar o patrimonio común dende a impunidade económica e política…

 Brincan de alegría os dirixentes populares enchendo peito e alumeando a noite da crise con brotes verdes. Salvadores da patria fundida en tebras polo infame Sr, Zapatero, para quen xa non quedan chatas que engadir na oratoria populista. O cidadá medio, convertido en miudalla,  olla mais e mais escuridade tras case dous anos de liberalismo a reo. E coma amigos revirados, a xente do FMI lembra a debilidade do sector financeiro que  require preto de 40.000 millóns de euros para atender as necesidades da banca. Tamén advirte nun dos apéndices que acompañan o estudo, que o mercado estima as necesidades de capital para o sistema bancario español nunha cifra que ronda "entre los 60.000 e 90.000 millóns de euros". Sen dúbida, como o goberno do Sr. Rajoy non minte xamais,  os que andan entrapallando, e o FMI. A nosa economía xa o di o Sr. Montoro vai ser un milagre, motivo de pasmo universal.

Que ninguén se desacougue. Non mexan por nos. E outono, e chove.