![]() |
Aínda este domingo, o presidente do BBVA, Francisco González, que chegou á banca da man do PP, dicía en 'El País': 'O éxito depende de como acabe a reforma (financeira) e de que non haxa actuacións persoais ou interferencias políticas que a enturben'. Seica o seu nomeamento fai dez anos non foi unha interferencia política do Goberno de Aznar?
Pero hai máis casos. O exvicepresidente Rodrigo Rato, que celebrou en Xénova o triunfo de Rajoy, preside Bankia, entidade na que se diluíron varias caixas de aforros, entre elas Cajamadrid. Ata hai situacións máis chuscas: César González-Bueno, nomeado hai pouco conselleiro-delegado de NovaGalicia Banco, hoxe en día controlado polo Estado, non só é neto dun ministro de Franco, senón un bo coñecedor da contorna da extrema dereita.
En resumidas contas: claro que hai políticos no sector financeiro, público e privado, como sempre houbo. O que hai é cada vez menos políticos autonómicos e locais no sector financeiro, a medida que este se foi concentrando.
