lunes, 27 de agosto de 2012

Os fillos de Fabra… Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay
Don Guillermo Collarte Rodríguez, señoria do grupo parlamentario popular, non é un fillo bioloxico de Fabra, pero perfectamente podería ser irmán de Andreiña “ Que se Fodan” con todo merito. Este honesto deputado do que o rexistro do Congreso sinala a súa febril actividade institucional, - nin unha soa iniciativa parlamentaria en todo o seu percorrido pola Carreira de San Jeronimo-. Propietario de dous pisos en Madrid e hospedandose como o recoñece en casa de mamá cando vai a Ourense, lugar que “representa” no Congreso, cobra  dietas por desprazamento (pese a recoñecer nunha entrevista nun  diario galego que leva 17 anos residindo na capital. Amparase sen o menor rubor no folgado exemplo de membros do seu grupo parlamentar incluídos algúns con asento no “goberno de España”. Noutra entrevista, nun xornal galego o deputado,  que  non dara pau a  auga como o da a entender sen empacho, pero locuaz na prensa si o é, nun trazo de exemplaridad afirma,… aínda que viva en casa  da miña nai cando veño a Ourense, aínda que os billetes págaos o Congreso, “os xantares e ceas que fago fora de casa e a gasolina págoma eu (sic)…É concelleiro da oposición no Concello ouresan…Os 416 euros que me dan por iso non me chega para nada…A súa esforzada tarefa municipal como opositor supón asitir ao os plenos…a todos? , e algunha comision quizais…Pois afirma que ten que estar en Madrid tres semanas ao mes…Entre  asubios e frautas este xornaleiro da politica embolsase do erario publico algo máis de 5.100 euros, ou sexa unhas 850.000 das antigas pesetas ao mes, ou sexa  case 11.000.000 das vellas louras ao ano contando catorce mensualidades.

Lamentablemente o coitado recoñece que as pasa canutas para saír adiante cos seus dous apaños publicos. Xusto é recoñecer que a vida está cara… Quizais compre para que non desperdiciar  tamaña xoia da cousa publica, unha cuestación popular (non do partido senón do pobo),  para complementarlle o seu orzamento. Pois anda o home mohino e meditabundo caindo en conta que non ten madeira de parlamentar e que  sintese  merecedor de maiores glorias. Pero os seus mandos xerarquicos esquecéronlle.

Fala o honorable patricio de cartos (osd seus), das súas ansias persoais, do seu posicionamiento, da súa conveniencia de si ser edil e deputado ou non… Con tanta preocupación polo “que hai do meu”, nin palabriña do neno Xesús da crise, dos problemas da súa circunscripción, de como xerar emprego na mesma, de solidariedade cos máis debiles, e desoutras minucias secundarias que algún inxenuo podria entender son o o eixe das precocupaciones dun representante publico cara aos seus electores…

Faise dificil asimilar ante o discurso deste eximio tribuno que ispe as súas miserias ante os lectores, - que o que o fai singular, é que non é un caso singular no seu grupo -, a tozudez do CIS en dicirnos que a cidadania ten nula confianza nos seus representantes e os ten mais  como problema  que como solución. Mesmo semilla imposible coa presenza de esforzados “politicos” como o deputado Collarte, ou como Andreiña “Que se Fodan” e outros de similar pelaxe que nos ofrece a maioria  de goberno como garantia de futuro do noso pais. A súa imaxe de oferta de cambio etico e austero.  Son os alicerces desta democracia de manto real onde a “mamandurria” que acusaba ufana Doña ESPE (a lideresa que se leva a casa mais de 90.000 euros anuais e que segundo a súa confesión tampouco alcanzanlle para chegar a fin   de mes), son peliños ao mar como nos da a entender o deputado Collarte na súa entrevista nun diario galego ao falar dos seus ingresos.
 

A verdadeira inxuria deste pais, son os parados sen futuro nin ingresos  que teñen a ousadia de berrar pedindo desesperadamente  os mesmos 400 euros que non lle chegan a nada ao deputado popular Collarte, para polo menos levar unha codia a boca uns dias mais. Os indignos e perseguibles de oficio con todos os mecanismos legais e coercitivos do Estado na súa versión “popular”, son os que dan badaladas nas superficies comerciais intentando lembrar que baixo o goberno dos correlixionarios do deputado Collarte este pais remata de empobrecerse dramáticamente, pero menos do que aínda ficará coas receitas que aplican sen astisbo de comprensión social. Que co salario mensual do deputado Collarte que pagan cidadáns e cidadás – incluidos moitos que ao ano apenas chegan ao que este levase nun  mes e non cobre as súas necesidades-, vivirian ao mes cinco familias.                                                                            

O que é realmente e unha vergonza son  esas voces que chaman a solidariedade e exixen dereitos sociais. Xentes que non comprenden o exemplo espartano de señores como Mendez, Gayoso, Rato, Pego, Varela, e moreas e moreas mais condenados a malvivir apenas cunhas cantas ducias de millóns de euros, miles de millóns das antigas pesetiñas, “afanadas” traballadamente cunha impecable folla de servizo que ben mostran o esplendor das nosas caixas e sistema bancario, sacrificandose toda unha vida abnegadamente polo ben común... 

E aínda hai algúns cidadáns que indignanse….Deberia caerselles a cara de vergoña…