lunes, 30 de diciembre de 2013

ETA: Camiño da Autodisolución - Xoán Antón Pérez-Lema

Xoán Antón Pérez-Lema
Os presos de ETA veñen de sinalar a fin da violencia en Euskadi. Até a fin do 2011 o colectivo, canda o resto da organización terrorista,  teimaba en esixir concesións políticas inaceptábeis, como denunciou o PNV ducias de veces. Despois da declaración de cesamento indefinido da violencia, a banda xa desbotaba calquera esixencia política e limitábase a pedir “paz por presos”, mais esixindo algo semellante a un indulto xeral.

A declaración deste día  recoñece o mal causado pola violencia e admite que o achegamento dos presos a Euskadi e máis a súa progresiva liberación se desenvolva  un a un e no marco dos beneficios e progresións de grao do Dereito penitenciario. Dereito Penitenciario que, por certo, recoñece o dereito de todos os presos a cumprir condena preto das súas familias, sexan de ETA, de Resistencia Galega, atracadores ou estafadores. Velaí que alcumar esta declaración de falsa ou irrelevante, manifeste unha evidente falla de visión social e política ou  o propósito de tirar proveito electoral  a curto do inmobilismo político que segue a sobrancear na acción da UPD e do PP, malia que neste último caso con evidentes.excepcións no mundo das conversas privadas e dos contactos informais.            

Agora o seguinte paso haberia ser o desmantelamento total da estrutura militar da banda e a entrega e/ou inutilización das súas armas e explosivos. Unha tarefa que é, xa, urxente e que vai requirir da intervención dalgunha caste de control obxectivo e independente, quizais mellor residenciado no ámbito europeo.

Acadado o desarme total sería preciso reagrupar todos os presos a carón da súa residencia e avanzar en solucións individuais de progresión penitenciaria  que sexan quen de cumprir a décima regra do Pacto de Ajuria Enea (1988): a reinserción social dos presos logo de se acadar a permanente ausencia de violencia. Un Pacto, compre non esquecelo, tamén asinado daquela polo PP.

Canto ás vítimas cumpre multiplicar o apoio (canda ás vítimas da violencia machista e, en xeral, ás secularmente esquecidas vítimas dos delictos) e ouvilas sempre nesta caste de procesos. Mais, de certo, non se lles pode recoñecer ningunha caste de dereito de veto.

jueves, 26 de diciembre de 2013

Desastres y África - José María Barja Pérez

José María Barja Pérez
En estos días navideños sólo las noticias más impactantes, incendios, tempo-rales y guerra en África, ocupan los relajados medios. Pero hoy disponemos de una herramienta, el ciberespacio, diseñada para resistir a casi todo, que nos permite relativizarlas y completar el contexto. En la web se encuentra una página de RSOE, la Asociación Nacional Húngara de Radio-señales de Socorro e Info-comunicación (The Hungarian National Association of Radio Distress-Signalling and Infocommunications) titulada EDIS (Emergency and Disaster Information Service). Aunque diseñada para exponer gráficamente la sismicidad en el mundo, este magnífico mapamundi incluye también accidentes y desastres. Así aparece que un “resort” en la isla Heron del estado de Queesland (noreste de Australia) ha tenido que ser evacuado por incendio en un generador. En África aparecen brotes de leishmaniasis en Darfur y de fiebre amarilla en Kordofan, ambas en Sudan; pero también un muerto y 9 enfermos de cólera en Ciudad de México-Hidalgo y otros enfermos por hantavirus en el condado McKinley del estado norteamericano de Nuevo México.

Cuando el presidente Rajoy visita Yibuti y luego se dirige a las tropas españolas desplegadas en Malí, Uganda, Somalia y Senegal (ademas de Afganistán y Bosnia) crea la curiosidad sobre esos países de los que que tenemos dudas incluso sobre su situación geográfica. Pero la magnífica página web de la CIA, titulada The World Factbook, nos proporciona todo tipo de datos del antiguo territorio francés de los Afar y los Isas, que se independiza en 1977 como Yibuti.

Además surgen malas noticias procedentes del país más nuevo del mundo, Sudán del Sur que alcanzó la independencia en enero/2012; y ambos, Yibuti y Sudán del Sur, son fronterizos con Etiopía, el país más antiguo del mundo. Unos 54 países forman el inmenso continente africano, incluida la isla Mahoré (o Mayotte) que el próximo 1/enero/2014 pasa a ser región ultraperiférica de la UE, como Canarias. Veremos si el nuevo billete de 10 €, que comenzará a circular el próximo verano, incluye a ese territorio de ultramar de Francia, junto a los otros cuatro que hoy ya aparecen en los billetes de euros.

Datos:

- La idéa de una red de comunicación entre ordenadores que resistiera incluso un ataque con armas nucleares fue establecida en 1962 como ARPANET (Advanced Research Projects Agency Network). La web, para intercambiar documentos, fue propuesta por científicos del CERN en 1989, hace ahora 25 años.

- Los datos de los países africanos muestran una población muy joven. Frente al 35% de menores de 25 años que figuran en España, ese dato es del 55% en Yibuti (792.000 habitantes), 67% en Sudan del Sur (11 millones) y 63% en Etiopía (99 millones).


Hoy 26/diciembre es festivo en Sudáfrica, Day of Goodwill (Día de la buena voluntad), desde 1994 cuando se estableció la regla de la mayoría; sustituye al nombre del festivo que siguen celebrando los países de la Commonwealth, Boxing Day (por las cajas de regalos). Como 2º día de Navidad, o San Esteban en los católicos, también es festivo en muchos países europeos (Alemania, Paises Bajos, Noruega, Suecia, Finlandia, Irlanda, Italia, Austria, Croacia, Bélgica, Suiza, Luxemburgo); y es festivo autonómico en Cataluña y Baleares (donde hoy no se publican los periódicos, en lugar del día de Navidad como en el resto de comunidades).

lunes, 23 de diciembre de 2013

O fascismo que faille as beiras a esta democracia…. - Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay
Fican preocupados en Francia, pero tamén en Austria, Holanda, Grecia entre outros países polo incremento do voto fascista que pode quedar reflectido nas próximas eleccións europeas nuns resultados escandalosos e alarmantes.

Por estes lares o fascismo é algo que está no ambiente. Que toma corpo nas leis e  nas condutas. Que aos poucos inoculase  na sociedade á que se desposúe dos seus dereitos cívicos tras habela desposuído dos seus dereitos económicos e sumando ambos casos, do seu dereito ao futuro.


Entréganse dereitos civiles ao criterio mais integrista dunha confesión relixiosa e os seus vicarios. Reconstrúese un estado que nin é laico nin aconfesional. Nin constitucional. Un estado neo-teocrático, máis preto do nacional catolicismo que da transición política tantas veces invocada. Que ten morriña da  “Educación do Espírito Nacional” como substituto da esfarelada “Educación para a cidadanía”.


Cando a corrupción faise presente en diversas instancias e institucións e presuntamente de xeito moi significativo no partido do goberno, (de aí o seu releve), o Goberno de España aproba unha lei para reprimir á sociedade civil e calquera actividade encamiñada a protestar contra o desprestixio ao que algúns actores abxectos levaron a política. Cando o país é pasto dunha delincuencia de luva branca que non dubida en recorrer ao que sexa para lograr os seus obxectivos, mesmo cobran valor aquelas verbas do anarquista Durruti cando afirmaba que “cando a burguesía ve que o poder escápaselle das mans, alzan o fascismo para manter os seus privilexios”.


Hoxe mobilizarse fronte aos despropósitos e desvergoñas dos que gobernan, ou convocar nas redes sociais unha mobilización pode custar moi caro. Tanto como rodear o Congreso, chamar aos Borbóns polo seu nome e non polo seu apelido, ou tomar instantáneas da desproporción que de xeito preocupante repunta nalgunhas actuacións policiais, como nestes días obsérvase contra as mulleres defensoras dos seus dereitos Trátase de impedir a expresión dun país que reclama dereitos e democracia. Un país no que a cidadanía participe activamente na xestión dos asuntos que lle incumben por se referir ao ben público. A marxinación social daqueles que non forman parte do aparello político-económico nas mans das minorías oligárquicas que son donas da leira na que converteuse o estado, xenera desacougo na maioria social e a súa fractura , diante do que a uneca resposta que arbitra o poder  e o recurso a represión para manterse.


Son propostas que escandalizan aos propios sindicatos policiais ou aos profesionais das FOP máis equilibrados, pero que non por iso deixanse de aplicarse con dureza. A culpa ultima é de quen as asinan. Os que ordenan aplicalas exercitando unha legalidade, que non lexitimidade moral, nun marco de abusos de poder contra un pobo sumido no desánimo, a angustia, cando non a desesperación.

Un país con familias desfeitas, cunha cidadanía que pasa fame real en porcentaxes inquedantes. Que ten que emigrar como única saída a súa impotencia. Que contempla a devastamento da clase media. O saqueo do patrimonio público, antesala do saqueo do estado de benestar. Que violenta as esencias do sistema democrático, da Constitución, e dunhas normas de convivencia que se consideraban inalterables.


Todo vale para quenes monopolizan a violencia do estado, fronte a xentes que en situación de indefensión absoluta, pagan relixiosamente os seus impostos, os recibos da luz e o gas, as taxas municipais, etc. Que non cometen trampulladas, pero vense obrigados a asistir estupefactos e agora amordazados a despropósitos como a Lei Gallardón, a Lei Wert, a lapidación dos xuíces que investigaban á Sra.de Undargarin, ao Sr, Blesa e tantos outros espécimes nocivos para o interese común que pululan pola nosa xeografía. Ollando atónitos a cultura da impunidade que cobre cun manto complice a tantos estafadores e ladróns que  afundiron na miseria a esa  España. Esa mesma España que non lles da caido dos seus  beizos babenxantes de patriotas de folla de lata, que o uneco interese que nela teñen e seguir mamando das súas ubres exhaustas. 


Quizás o fascismo non vén. Presuntamente o fascismo de xeito sibilino xa está entre nós…A saber se non  viaxa en coche oficial...

A conxelación da política - Xesús Veiga

Xesús Veiga
Os manuais que utilizan habitualmente aqueles partidos políticos que posúen maior influencia electoral establecen un criterio valorativo de relevancia indiscutíbel:esas organizacións existen para resolver os problemas que afectan ao corpo social. Aí radica a presunta superioridade argumental que exhiben ante os demais:eles pretenden ser útiles e non propoñen fórmulas ou alternativas utópicas. 

Se abandonamos o universo do politicamente correcto e tomamos contacto coa realidade actual que se vive no Estado español, podemos constatar algunhas circunstancias destacadas. É ben sabido que a situación económica e a crise catalana figuran no catálogo de problemas de maior envergadura que deben enfrontar os dirixentes políticos. Cal é a resposta que ofrecen os gobernantes do PP? Unha mestura de simplismo analítico, seguidismo do que se decide nos centros de poder europeos e rancia retórica centralista. Mariano Rajoy traslada as responsabilidade das eventuais solucións aos demais:que Merkel e a troika diten o que hai que facer para saír do burato económico e que Artur Mas renuncie ás posicións que defende no contencioso aberto en Catalunya. O inmobilismo é o sinal de identidade que caracteriza, neste momento, o labor do presidente do goberno español.E, por suposto, quen se mova no seu partido non sairá nas fotos que dan entrada ás estancias do poder.


Se visitamos o territorio do PSOE comprobamos a distancia que media entre o teórico papel de forza opositora e as posicións concretas que adopta nos temas denantes referidos.A credibilidade social das políticas propostas pola equipa de Rubalcaba para conectar co evidente malestar provocado polas decisións dominantes en materia económica presentan dúas eivas decisivas:a reforma “express” da Constitución pactada entre Zapatero e Rajoy no verán do 2011 consagrando o dogma do déficit público establecido no directorio da UE e a recente conformación dun goberno de coalición entre Merkel e o SPD.A capacidade para convencer ao conxunto do electorado que depositou a súa confianza nas opcións programáticas do ano 2008 é o principal reto dos dirixentes socialistas actuais e futuros.


No tema de Catalunya, a complicación da encrucillada do Partido Socialista non é menor.A contundencia expresada no rexeitamento do acordo avalado por CiU,ERC,ICV e CUP neutralizou a posición diferencial previa materializada nunha xenérica proposta de reforma federal do texto constitucional.Curiosamente, Pérez Rubalcaba considera absolutamente rexeitábel a defensa do dereito de autodeterminación –algo que, por certo, formou parte do programa deste partido nos primeiros anos do posfranquismo- ao mesmo tempo que semella asumir a viabilidade dun novo artellamento federal para o Estado. No actual contexto, resulta tan imposíbel efectivizar o primeiro como o segundo.Modificar a letra da “lei de leis” require o apoio dun PP que está mirando, primordialmente, para ese electorado que segue instalado na visión de España como “unidad de destino en lo universal”.


O tempo político está conxelado.E non pola situación metereolóxica.Non hai propostas capaces de restaurar as importantes feridas que presenta o corpo social por parte de aqueles partidos que administran o maior nivel de confianza electoral. A pesar dos excesos verbais que regalan aos respectivos “hooligans”, non poden agachar a evidencia: carecen, agora mesmo, da utilidade da que sempre presumiron.

NCG e os políticos galegos - Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.
CADERNOS DA VIAXE.
Teñen razón PSdeG, BNG e AGE na condena ao inxustificábel adianto da poxa de NCG Banco. A UE esixía a súa venda antes da fin de 2017 e o proceso adiantouse tres anos. Velaí que só se recuperarán 1000 M€ dos 9600 públicos investidos, cando de aproveitar os tempos sinalados NCG acadaríase unha recuperación  multiplicada. Malia que a inmisión do FROB na xestión do día a día do Banco galego estaba xa a eivar unha xestión racional e coherente.

AGE e BNG non foron  quen de trascender da defensa das esencias para adoptar unha decisión política a respecto do concreto proceso de poxa. Comezado éste, haberíanlle explicar á opinión pública que cumpría defender NCG como banco público galego (opción que era moi razoábel), mais que no curto prazo e como mal menor cumpría defender o mantemento do emprego, da rede (fulcral para evitar a exclusión financeira do noso rural), dos centros de decisión na Galicia e a supervivencia dunha opción bancaria distinta da grande banca estatal na concorrencia de servizos financeiros.

AGE e BNG (malia a reacción positiva do Xavier Vence das últimas semanas)  demostraron non usar información de calidade neste proceso e enrocarse en posicións maximalistas que non resolvían os problemas urxentes do emprego, da oferta bancaria e dos centros de decisión. Das forzas galeguistas, só CompromisoxGalicia (CXG) soubo distinguir os seus obxectivos a longo prazo da necesidade de facer política no curto. Sendo os únicos que, criticando os abusos e privilexios do proceso, souberon dar apoio e cobertura á solución menos mala.

Besteiro non foi quen de modificar de vez a deriva dun PSdeG, solidario coa idea de Xosé Blanco e Fernández Ordóñez a prol da absorción de NCG por un grande Banco estatal(Blanco e Pachi Vázquez teñen dito que a súa opción era  Caixabank). E Feijóo soubo xogar habilmente as súas cartas, consciente de que a desaparición de NCG nunha rede bancaria estatal íase apuntar, sen apelación, no seu debe como liquidador do sistema financeiro galego. Malia que nunca saberemos se o seu indubidábel suceso a  curto prazo foi, en grande medida, xerado  pola ruindade das ofertas españolas e pola chapuceira xestión dos tempos e regras por parte do FROB, que activou as alarmas da sociedade civil galega.

jueves, 19 de diciembre de 2013

Y de repente el Tribunal de Cuentas nos hizo descubrir la pólvora - Isidoro Gracia

Isidoro Gracia
La actual sociedad ha sustituido buena parte de las ideas que mueven el mundo por consignas: la gestión privada es más eficiente que la pública, la privacidad es un bien casi supremo, el mercado es libre etc.

Con un retraso algo menor que el habitual, menos de dos años, el Tribunal de Cuentas del Reino de España ha emitido su informe sobre la prestación de servicios de ayuntamientos españoles de menos de 20.000 habitantes, que son la inmensa mayoría del país. El informe demuestra con datos, más que contundentes aplastantes, que la gestión pública de los servicios esenciales para el ciudadano es más barata, de mayor calidad y mucho más trasparente que la privatizada.


En temas de gran importancia, incluso para la supervivencia y la calidad de vida individual, como: el suministro de agua, la recogida de basura, la limpieza viaria, el alumbrado público y hasta los cementerios, las diferencias de costes por habitante llegan a superar el 70%, diferencia a favor de los beneficios de la empresa privada, es decir que de continuar con la gestión pública se podrían dar algunos servicios básicos de mayor calidad, por algo más de la mitad del precio. La fiebre privatizadora, que afectó a la mayoría de los dirigentes municipales, de todo signo político, tenía como sustento, en el mejor de los casos, la propaganda neoliberal. La experiencia judicial hoy permanentemente en primer plano ha venido a demostrar que la motivación tenía y tienen otros componentes, el de la mera ambición  y el de la fácil corruptibilidad.
Por si todo lo anterior no fuera suficiente, hechos recientes demuestran que es tal el nivel de abuso en trabajadores que prestan el servicio y al ciudadano que lo paga, ya que en lo privado el nivel del beneficio buscado es ilimitado, que la conflictividad de lo público que está en manos de la gestión privada es mayor, que en la gestión directa por la correspondiente administración.


Por cierto, como algún día, también algún organismo oficial, espero que sean las corporaciones a través de sus propios funcionarios y munícipes, descubrirá que es tal el grado de incumplimiento de los Pliegos de Condiciones, que hicieron posible las privatizaciones, que es posible recuperar, sin más daño para las arcas públicas, el recate de las concesiones y la rescisión de los contratos a los hoy impenitentes y privados incumplidores. Algunos ayuntamientos, que han realizado el ejercicio de revisar la situación, ya han recuperado para la gestión directa algunos servicios, y,  ¡oh sorpresa!, con grandes ahorros.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Hai al guén aí? - Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.
Cadernos da viaxe.
Cumprido xa o prazo para a presentación das ofertas vinculantes no proceso de concorrencia competitiva de NCG Banco, semella non se terá en conta como parte do prezo a diferenza a prol da Banca estatal no cómputo dos créditos fiscais diferidos que o potencial adquirente poida compensar entre 2014 e 2017.

Compre explicarmos o devandito. Os Fondos internacionais e o banco venezolano BANESCO poden compensar dos gaños futuros un máximo de 2340 M€ de perdas fiscais de NCG, fronte aos 4600 M€ que poderían compensar BBVA, Caixabank ou Santander. Até aquí todo OK, sempre que eses 2160 M€ fosen considerados parte (aprazada) do prezo que ofrece o Fondo ou banco extranxeiro, xa que van ser impostos que non se van pagar, nos outros casos. Mais Guindos dí que non. Que esa diferenza non computará como mellora ou decremento do prezo contractual.

Esta xogada non se entende nunha concorrencia transparentem mais si  dende a perspectiva dun pagamento de favores ou dun amaño. E mesmo neste proceso escuro e argallante as regras foron mudando a metade de partida, como adoita facer España con Galicia cando se trata de cousas de cartos. Porque compre lembrar que hai só unhas semanas que os Fondos foron obrigados a depositar 800 M€ para participar na poxa, unha obriga que non se lle aplicou aos bancos estatais.

O vicepresidente Rueda dí que a marxe de actuación do Goberno galego é moi cativa. Non é certo. A Xunta  pode mobilizar ás forzas sociais para evitar un expolio histórico que agravará de vez as graves dificultades crediticias dos galegos. A Xunta coñece os efectos adversos que produce e producirá a concentración bancaria.  E, en último de contas, Feijóo e Rueda saben que se este expolio se fai efectivo moi poucos van acreditar na súa falla de responsabilidade, quer por acción, quer por omisión.

O conto pódeselle moi ben aplicar ao Alcalde coruñés Negreira. Dos 2600 postos de traballo que se han perder no caso de venda de NCG a un Banco estatal, a metade perderanse na Coruña, case todos eles persoal de alta cualficación e remuneracións bastante boas .Malia esta realidade,  o alcalde mantivo un silenzo absoluto, como se a cousa non fose con él. Coma se fose un problema alleo á Coruña.

Hai alguén aí?

martes, 10 de diciembre de 2013

A pantasma do bipartito - Xesús Veiga

Xesús Veiga
Unha pantasma percorre os despachos de San Caetano.A pesar do tempo transcorrido, o goberno bipartito (PSdG-BNG) segue presente nos labirintos do poder galego.Só así cabe entender o recurso argumental que, periodicamente, exhibe Núñez Feijoo nas súas intervencións parlamentares.

Seguir invocando, despois de mais de catro anos, a presunta maldade da coalición gobernamental encabezada por Touriño e Quintana revela, sobre todo, unha evidente carencia de razóns para defender as actuais políticas emanadas do executivo galego.Feijoo sabe que a comparativa entre os dados mais relevantes da situación económica e social de Galiza durante o período 2005-2009 e os correspondentes aos anos posteriores é moi favorábel ao mandato do demonizado bipartito.Certamente, nunha análise rigorosa, non se pode realizar unha simplificación que atribúa todas as bondades ou todas as desfeitas rexistradas no ámbito socioeconómico á xestión do goberno de quenda da Xunta.Hai moitas variábeis que inflúen no resultado final pero non se pode ignorar que os inquilinos de San Caetano teñen unha evidente capacidade de influencia no mesmo.Resulta determinante, neste sentido, a concorrencia dunha premisa básica:a vontade política de utilizar con decisión as ferramentas que proporciona o marco legal do autogoberno para construír un país dotado de maior autoestima e con mais benestar social.O bipartito presentaba, neste eido, heteroxeneidades manifestas pero mantiña un nivel significativamente superior ao que despois tivemos ocasión de coñecer.A reclamación de competencias adicionais, o intento de utilizar as existentes para pór en marcha novas políticas en cuestións cruciais e a proposta dun novo Estatuto de Autonomía figuran no haber daquela coalición gobernamental.Con Feijoo chegou o deserto:catro foguetes reivindicativos para desgastar a Zapatero e silencio sepulcral con Rajoy na Moncloa, como adobío da mera xestión do “bo contábel dos poderosos”.


 A reiterada utilización do bipartito como coartada viuse favorecida -hai que pensar que involuntariamente- pola carencia dunha estratexia explicativa adecuada por parte do PSdG e do BNG.Nos meses inmediatamente posteriores á derrota electoral de 2009 ambas forzas non foron quen de acometer un balanzo público que establecese os acertos e os erros da traxectoria gobernamental.No canto dese silencio que podía ser interpretado como unha expresión de má conciencia polo vivido, o recoñecemento explícito das deficiencias xunto á reivindicación dos innegábeis logros, tería contribuído a neutralizar a capacidade destrutiva das interesadas críticas do PP e dos seus fans mediáticos.E, sobre todo, esa recapitulación sincera da experiencia de goberno constituía –e segue constituíndo- un elemento imprescindíbel para sustentar calquera alternativa de transformación do País realmente existente.


Sobre o “luxo asiático” presuntamente exhibido polo bipartito, Feijoo edificou o mito dunha austeridade implantada cunha férrea  disciplina teledirixida dende Montepío.Para os que acreditaban nesas prédicas presidenciais, o alcalde do unificado concello de Oza-Cesuras protagonizou estes días un episodio clarexador:triplicou o soldo para que se note que manda mais que antes.Toda unha demostración práctica da autoridade e do control que posúe Alberto Núñez sobre a súa tropa.

domingo, 8 de diciembre de 2013

A deriva autoritaria de Rajoy - Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.
Cadernos da Viaxe.
Na España desta fin do 2013, a seguranza cidadá na rúa, que constituiu un problema de discreto nível de preocupación social hai uns vinte anos, non lle preocupa xa á cidadanía, agás manifestacións delictivas concretas como os roubos nas casas habitadas ou determinados secuestros “express”. Porén, o Goberno do Estado, consciente da súa total falla de creto e de “auctoritas”, vai tipificar a xeito de infraccións administrativas moi graves condutas perfectamente comprensíbeis nunha sociedade democrática avanzada, moito máis cando  son os Gobernos e Institucións os responsábeis do malestar social, do recurte dos servizos públicos e do empobrecemento colectivo.


A xogada está, ademáis, maquiavélicamente estudada, pois que sanciona as infraccións administrativas graves da seguranza cidadá con multas de 1001 a 30.000 € e as moi graves con multas de 30.001 a 600.000 €. E estas infraccións serán obxecto de denuncia policial dotada de presunción de veracidade a respecto das condutas denunciadas. Malia confíarmos na profesionalidade democrática dunha moi ampla maioría dos policías, o certo é que a centralización das competencias (agás Catalunya e Euskadi) no Ministerio do Interior determinará que só os máis submisos ás autoridades políticas serán promovidos a cargos policiais, vencellándose a emisión de denuncias áo devengo dos complementos salariais de produtividade .


Esta centralización das competencias en Madrid determinará tamén que sexan os órganos centrais do Ministerio os que impoñan as sancións máis graves, o que  obrigará á cidadanía galega a recorrer perante os Tribunais contenciosos da Audiencia Nacional, que constitúe auténtica excepción ao principio constitucional de que nos xulguen os xuices ordinarios legalmente predeterminados.
Alén diso, a interposición de recursos contencioso-administrativos contra as sancións administrativas do Ministerio do Interior obrigará aos recorrentes a aboar elevadas taxas  e ao pagamento das custas procesuais no caso de perder o recurso, o que vai ocorrer moitas veces pola complexidade, para os avogados da defensa, de propór proba a xeito para destruir a presunción de veracidade das denuncias policiais.  


Semella propio da Rusia de Putin. Pero vai ocorrer aquí.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

¿Qué fue de las matemáticas modernas? - José María Barja Pérez

José María Barja Pérez
Los debates sobre la nueva ley de Educación impulsan la memoria de cambios en la enseñanza, traumáticos al principio, diluidos en el trascurso del tiempo. Cuando se cumplen 45 años de una modificación de los contenidos matemáticos en la enseñanza, habría que evaluar si se han cumplido los objetivos. La introducción de las mal llamadas “matemáticas modernas” pretendía pasar de un modelo aritmético calculista a una versión más abstracta que permitiese reforzar las capacidades de razonamiento, pero también de aplicación algorítmica de conceptos y herramientas matemáticas. Se advertían ya los cambios que la incipiente informática iba a introducir, incluso en la vida cotidiana, y las consiguientes nuevas habilidades que iban a necesitar los futuros ciudadanos.

Hoy cada vez es más claro que la enseñanza obligatoria no sólo debe servir para alfabetizar y manejar números, sino para adquirir capacidades como entender las intrincadas indicaciones de un billete de avión o de tren, por señalar una mínima de las capacidades sociales que debe tener cualquiera. Como además se debe reforzar la capacidad para seguir aprendiendo, de adaptarse a los cambios tecnológicos y a la forma de acceder al conocimiento, las capacidades de razonamiento, de deducción lógica, deben ser activamente estimuladas. Y ahí las matemáticas abstractas, no la mecánica de aburridas operaciones elementales, juegan un importante papel.


Claro que eso es peligroso, como detectaron, aunque fuese en ridículos aspectos, las dictaduras griega y argentina, que llegaron a prohibirlas. Y es que la formación de ciudadanos críticos y autónomos asusta mucho a los que pretenden que sólo una élite detente el poder. Tal vez no se ha llegado a una enseñanza global de calidad, pero las “mejoras” anunciadas parecen dirigidas a lo contrario: refuerzo de la educación elitista y un mínimo de formación para la masa que no es capaz de revalidar una temática rutinaria.

Datos:

• Tras la Ley General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa (1970), conocida como “ley Villar Palasí”, la sucesión de leyes de educación de la democracia se recoge en una curiosa lista de acrónimos: Loece (1980), LODE (1985), Logse (1990), Lopeg (1995), LOCE (2002), LOE (2006), Lomce (2013). Se obtiene fácilmente gracias a la edición electrónica del BOE pues para cada una, además del texto legal, incluyen un “Análisis”, el registro de derogaciones y modificaciones del texto anterior, con hiperenlaces. A la espera de la ratificación real y la publicación de la “ley Wert”, el punto de arranque para ese recorrido retrospectivo es todavía la página virtual del diario oficial http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2006-7899 - análisis

• Decía Josep Ramoneda que la ley de educación «no respondía a ninguna necesidad, se trataba simplemente de enmendar ideológicamente la ley del Gobierno socialista. Poner sobre la educación la marca de la derecha: elitismo, religión, privatización, uniformidad cultural. ¿Resultado? Una ley de partido, doctrinal y sectaria, condenada a morir en el primer cambio de mayoría.» [El País Domingo 1/diciembre/2013]

• Ya en 1949 decía F. Severi: «Je préfère la nommer ainsi [algèbre abstraite] plutôt qu' algèbre moderne, parcequ' elle vivra sans doute longetemps et finira donc par devenir l' algèbre ancienne» [Serge Lang Álgebra (1969) Addison-Wesley, p v]. Claro que abundan las críticas, como la de Fernando Arrabal «La modernidad matemática comienza con una entelequia, con una quimera que se llama la teoría de conjuntos.» [El Semanal, 19/mayo/1996]; o la del catedrático Claudi Alsina «En 1959 incurrieron en el error de confiar en unos grandes matemáticos de la época, el grupo francés Nicolas Bourbaki, para que marcasen las pautas de una nueva enseñanza. Y nació la matemática moderna basada en la lógica y en la teoría de conjuntos («la conjuntivitis») que arruinó el interés matemático de varias generaciones» [Asesinatos matemáticos. Una colección de errores que serían divertidos si no fuesen tan frecuentes (2010) Ariel, p 176]. Un análisis más completo apareció en la Gaceta de la RSME (http://gaceta.rsme.es/abrir.php?id=471&zw=185047)

• Incluso citas clásicas recomiendan su estudio: «Ha de saber las matemáticas, porque a cada paso se le ofrecerá tener necesidad de ellas.» [Miguel de Cervantes Saavedra El ingenioso caballero Don Quijote de la Mancha (1615)  Cap. XVIII De lo que sucedió a don Quijote en el castillo o casa del Caballero del Verde Gabán, con otras cosas extravagantes] citado por Ángel  Martín Municio en Las Matemáticas en la Academia de Ciencias [(2000) Publicaciones del Congreso de los Diputados, p 51]. Más recientes: «El papel de las Matemáticas en todos los sistemas educativos va más allá de los contenidos: el desarrollo de cualidades intelectuales tales como la capacidad de abstracción, de análisis, de síntesis, en definitiva, la capacidad de razonar y estructurar la mente, está muy vinculada al ejercicio de la actividad matemática.» [Joaquim Bruna Una reflexión sobre los estudios de matemáticas y sus perspectivas La Gaceta de la RSME vol 3 (1) (enero-abril 2000) p  45]; y también «Las matemáticas […] gracias a su universalidad […] resultan fundamentales en el desarrollo y el progreso de los pueblos. Constituyen una herramienta básica para que la mayoría de las personas puedan comprender la sociedad de la información en la que viven.» [Acuerdo sobre el Año Mundial de las Matemáticas 2000 (adoptado por unanimidad el 9/febrero/1999 por la Comisión Mixta de Investigación Científica y Desarrollo Tecnológico del Congreso de los Diputados)]

• «En 1978 (segundo año de la sangrienta dictadura de Jorge R. Videla) en una reunión de profesores de matemáticas en Vaquerías, Córdoba, se difundió un folleto de un tal Julio Garrido ("científico argentino radicado en España", según los diarios de la época), donde éste sostenía que "el lenguaje matemático actual incluye vocablos de neto cuño marxista". Poco después, los ministros de Educación de las provincias de  Buenos Aires, Santa Fe y Córdoba se hicieron eco del texto de Garrido en una reunión del Consejo Federal de Educación, donde plantearon que la matemática moderna debía ser desterrada de las escuelas argentinas por "subversiva". La polémica desatada muestra el grado de deterioro que había alcanzado la élite cívico-militar gobernante en Argentina. Durante el mes de diciembre, la respuesta de los diarios fue una magnífica muestra de cómo la autocensura reinante por obra del terrorismo de Estado podía ser derrotada. En el suplemento "Cultura y Nación" de Clarín del 7/diciembre/1978, con una ilustración de Hermenegildo Sábat (Videla examina un cuerpo geométrico con lupa) decía Gregorio Klimovsky: "Llegar a decir que la matemática moderna favorece la creatividad y que ello es subversivo (cuando la ciencia moderna es creatividad y evolución) es realmente algo muy grave. Y señalar como peligroso el concepto 'vector' es algo tan ridículo como aconsejar una enérgica acción contra las computadoras porque su nombre fomenta la prostitución. Cierto es que este fenómeno es concomitante con el auge del terrorismo mundial: estaríamos ante una curiosa forma de terrorismo ideológico. Lo que preocupa es el ascendiente que este tipo de personas parece tener en relación ciertos grupos de poder. Por suerte, no cabe duda de que los institutos superiores de nuestras fuerzas armadas están perfectamente ubicados frente a estos fenómenos intelectuales, en ellos enseñan algunos de nuestros mejores matemáticos y se emplean –por suerte para nuestra defensa nacional– vectores, matrices y toda clase de matemática moderna".» [Sergio Nuñez; Julio Orione Disparen contra la ciencia. De Sarmiento a Menem, nacimiento y destrucción del proyecto científico argentino (1993) Espasa Calpe, Espasa Hoy, ISBN 950-852-078-7, p 117]

• «Imposibilidades demostrables son preferibles a improbables posibilidades» decía Aristóteles (384-322 a.C.) [Poética 24.1460]. Y sobre la importancia de la deducción formal: «Hay en la matemática un momento democrático, cuando se expone línea por línea una demostración. Cualquiera puede seguir el camino una vez que se ha marcado. Pero hay por supuesto un momento de iluminación anterior: sólo unos pocos, sólo a veces uno en siglos, consigue ver por primera vez el paso correcto en la oscuridad.» [Guillermo Martínez Los crímenes de Oxford (2004) Ediciones Destino, p 105]

• Aunque algunos encuentran límites a la popularidad de las matemáticas: «El matemático es, en la sociedad, un erudito escéptico, que se ocupa de estudiar problemas formidables, de los que casi nadie sabe que son formidables y ni siquiera que constituyan un problema. De vez en cuando, después de años de trabajo propio y ajeno, es capaz de dar respuesta a alguno de sus interrogantes y de encontrar soluciones que quizá cambiarán el mundo. En estos casos, el matemático suele preferir quedarse escondido, buscar un nuevo tema de estudio, y dejar que los ingenieros, los físicos o los economistas utilicen sus soluciones y alcancen cierta proyección social con ellas.» [Ignacio García-Jurado Cómo encontré a Elena (2007) Cielo Nuevo Ediciones, p 10]


El 5/diciembre, este año el 8º y último  día de Hanukka, es el Día Internacional del Voluntariado para el Desarrollo Económico y Social (proclamado en 1985 por la ONU), es la Fiesta Nacional de Tailandia (cumpleaños del rey Bhumibol Adulyadej, nacido tal día de 1927, el jefe de estado que más tiempo lleva en el cargo en todo el mundo, pues fue coronado el 5 /mayo/1950). Mientras el 6/diciembre en España se celebra el Día de la Constitución (de 1978), en Finlandia es Itsenäisyyspäivä, Día de la Independencia (de Rusia, 1917).   El 7/diciembre es el Día Internacional de la Aviación Civil (proclamado por la ONU en 1996) y el 8/diciembre,  este año domingo, Inmaculada Concepción (España), Imaculada Conceição (Portugal), que es la patrona de las Facultades de Farmacia. El 9/diciembre es el Día Internacional contra la Corrupción (propuesto en 2003 por  la  ONU) y el 10/diciembre, Día Internacional de la Declaración Universal de los Derechos Humanos (conmemora su proclamación en 1948 por la ONU), es en Burkina Faso el Día de la República (conmemora que en 1958 Alto Volta se convierte en república autónoma en la Comunidad Francesa, aunque alcanza la independencia en 1960); pero desde 1901, es el día en el que tiene lugar la ceremonia de entrega de los premios Nobel (pues en tal fecha de 1896 falleció Alfred Nobel).

Pegadas Imborrabeis - Xesús Veiga

A indignación que percorreu o corpo social galego nos días seguintes ao inesquecíbel 13 de Novembro de 2002 reapareceu once anos despois por mor da sentenza ditada pola Audiencia Provincial coruñesa.
Xesús Veiga
As verdades xudiciais non concordan, necesariamente, coa natureza e o significado dos feitos xulgados.Neste caso, a sentenza non sintoniza coa avaliación e cos sentimentos da maioría da sociedade galega.Por iso, a pesar dos indiscutíbeis e nefastos efectos xurídicos, este episodio non poderá borrar da memoria colectiva o movemento de resposta social de maior envergadura rexistrado na Galiza durante os últimos 35 anos.

Aquel movemento xurdiu como consecuencia dunha suma combinada de frustracións e descontentos.Un dos mais destacados derivaba da comprobación de que a lóxica do beneficio empresarial tiña convertido o tránsito marítimo polo corredor de Fisterra nun foco potencial de destrución dos recursos naturais da plataforma costeira.Outro nacía da constatación de que a burocracia da UE non era quen de garantir o cumprimento das normas de seguridade marítima e seguía mantendo unha rechamante tolerancia ante a evidencia de comportamentos irregulares e prácticas mafiosas de grupos económicos presentes nese negocio.O Prestige fixo visíbeis e, finalmente, críbeis as opinións repetidamente formuladas a respeito da incompatibilidade entre as premisas dominantes do modelo económico vixente e a preservación de moitos recursos naturais.


Constatar que o Estado español non posuía buques anticontaminantes, remolcadores suficientes e competentes ou instrumentos tecnoloxicamente axeitados para combater unha marea daquelas características revelou o alcance real da desconsideración que lles merecía aos inquilinos da Moncloa todo o relacionado co mundo do mar.O Estado non foi quen de acreditar a súa virtualidade como instrumento integrador da identidade nacional galega e tampouco superou a proba da súa utilidade como provedor de benestar e protección ás persoas que financiaban cos seus impostos os distintos aparellos administrativos.A escandalosa ausencia dos recursos públicos foi o resultado final dunha suma de factores heteroxéneos pero contundentes:o medre da privatizacións dos servizos públicos; a inexistencia de planos de actuación para situacións de emerxencia; a espectacular incompetencia exhibida polos xestores públicos encargados do funcionamento dos servizos existentes e a insuperábel descoordenación rexistrada entre as administracións dependentes da Moncloa e de Raxoi.A desaparición do Estado permitiu que emerxeran as enerxías presentes nos sectores mais xenerosos e creativos da sociedade galega e do tecido social doutros territorios ibéricos.Mariñeiros, mariscadoras e voluntariado escreberon unha das páxinas mais dignas da nosa historia e alimentaron coa súa actividade un estoupido mobilizador cuxa masividade constituíu a maior censura que podían esperar os gobernantes de Madrid e de Santiago.    


O episodio do Prestige resultou paradigmático no terreo das responsabilidades políticas.Ninguén presentou a dimisión (a pesar de circunstancias tan insultantes como as actividades cinexéticas de ministros e conselleiros nos primeiros momentos da catástrofe) e todos eles apostaron pola xudicialización do caso, confiando que a demora na instrución favorecese a benevolencia da sentenza.Seguramente por iso, Aznar –nun acto reflexo digno dun tratado de psicoloxía- decidiu ladrar o seu resentimento polas esquinas.Está moi ledo porque pensa que a Audiencia absolveu aos incompetentes xestores públicos que multiplicaron os efectos do desastre.Poren, se consulta as hemerotecas comprobará que nas municipais do 2003 e nas eleccións ao Parlamento galego no 2005, os votantes pasaron factura ao PP:no primeiro caso foi superado pola suma dos votos obtidos polo PSdG e o BNG e no segundo non foi quen de asegurar a continuidade de Fraga na presidencia da Xunta.


Si.A pesar desta lamentábel sentenza xudicial podemos afirmar que na sociedade galega houbo un antes e un despois do 13 de Novembro do 2002.



domingo, 1 de diciembre de 2013

Cataluña e Escocia sempre serán da UE - Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.
CADERNOS DA VIAXE.Semella que o medo en Londres a un eventual resultado positivo no referendo escocés pola independencia, o 18 set 2014, está a medrar de xeito substancial, xa que doutro xeito non se entenden as mensaxes medoñentas, certamente desaqueladas, dos “prime ministers”  Cameron e Rajoy avisando que unha Escocia independente podería non ser admitida na UE.

Escocia pertence á Unión dende hai 40 anos, Cataluña dende hai case 28. Os dous países, de se declarar independentes, manterán o cumprimento do Dereito europeo. Manterán o cumprimento da Convención Europea de Dereitos Fundamentais e cadanseu sistema democrático. Os seus cidadáns están afeitos á pertenza a Europa e non poden ser privados automáticamente da súa cidadanía europea. Os seus territorios insírense na continuidade dos sistemas de transporte europeos.

Xa que logo, ten razón o profesor en Oxford  e na “European Policy Center”, Graham Avery: “por razóns políticas e pragmáticas os escoceses non poden ser expulsados da UE e obrigados a pedir a readmisión. De se aprobar en referendo a independencia, os Gobernos escocés e británico e as institucións europeas negociarán durante o periodo de transición a integración de Escocia na UE, ao abeiro dun procedemento simplificado que garanta que a Escocia independente pertenza dende o primeiro minuto á UE”.
Este prantexamento é trasladábel ao 100% a unha hipotética independencia catalá, que presenta problemas constitucionais internos, nunca europeos. De todos os xeitos, como ven de publicar este venres John Palmer no xornal londinense “The Guardian”, o eventual veto español ao dereito catalán a decidir  remataría por constituir un grave problema para o propio Estado español.

As negociacións entre London e Edinburgh ou entre Madrid e Barcelona para executar unha eventual decisión catalá ou escocesa a prol de cadansúa independencia serán moito máis sinxelas a respecto da continuidade na UE (reasignar os dereitos de voto ponderado, o número de eurodeputados e comisarios de cada Estado e outras decisións instiutucionais) ca noutros ámbitos nos que cumpriría facer partixas. Por exemplo, para distribuir a débeda pública.